Agracedemento de Carmela Silva a concellos, veciños, corpos de seguridade e bombeiros

A presidenta da Deputación trasladou hoxe a todos os concellos e colectivos que traballaron na loita contra os terribles incendios dos últimos días o agradecemento da institución e de toda a provincia de Pontevedra aos alcaldes e alcaldesas dos concellos afectados, ao seu persoal, a súa veciñanza, aos corpos e forzas da seguridade do estado e aos efectivos do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento “polo seu enorme esforzo e solidariedade”

A Deputación cambiará o modelo de mantemento das estradas “para ser máis eficiente”

O Deputado de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benitez, deu a coñecer o novo modelo de mantemento da rede provincial de estradas ─con máis de 1.700 quilómetros de viais─ de cara a que sexa máis eficiente. Para ese cambio de modelo, a o Goberno provincial buscará a aprobación, no próximo Pleno, dun contrato de case que catro millóns de euros anuais que, segundo Benítez, “”suporá unha nova ferramenta de traballo para planificar actuacións de conservación da rede viaria provincial seguindo criterios técnicos”.

Redondela chega ao 100% dos investimentos do «Plan Concellos»

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través dunha resolución presidencial, a última achega que lle corresponde a Redondela ao abeiro do «Plan Concellos 2017». Desta maneira, o goberno de Carmela Silva destinará 46.897,92 euros para realizar varias obras no Complexo Deportivo Santa Mariña

Baiona amplía o prazo de matrícula do obradoiro interxeneracional «Fotografías para o recordo»

O Concello de Baiona vén de ampliar o prazo de inscrición para todos os interesados e interesadas que desexen participar nun obradoiro interxeneracional que, co título «Fotografías para o recordo» desenvólvese ao abeiro do programa da Deputación de Pontevedra «Tecendo lazos» . A actividade busca reforzar os lazos afectivos entre distintas xeracións xa que poderán participar neste taller membros da mesma familia; pais e fillos, avós e netos, tíos e sobriños, ect. entre os 10 e os 99 anos.

  • Publicado en Baiona

A Deputación aposta pola desestacionalización do turismo coas «Visitas Singulares Rías Baixas»

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva deu a coñecer esta mañá a nova iniciativa titulada «Visitas singulares Rías Baixas: Cemiterios históricos» que a Deputación de Pontevedra vai poñer en marcha para desestacionalizar o turismo na provincia. “A través desta acción singular – asegurou Silva – pretendemos ofrecer alternativas que se afasten dos estereotipos do noso destino porque o noso obxectivo é amosar toda a realidade e potencialidade das Rías Baixas”.

Silva insta ás administracións a habilitar axudas para recuperar o patrimonio da veciñanza

Tras ter visitado onte os incendios cualificados de nivel dous na provincia de Pontevedra, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, instou á Xunta de Galicia e ao goberno de España a que se poñan xa a traballar e "poñan en marcha todos os mecanismos e todos os recursos e axudas necesarias, para que veciños e veciñas que perderon todo o que tiñan o recuperen así como o noso patrimonio natural".

Suscribirse a este canal RSS