Ponteareas acolleu a primeira xornada da III Copa de Promoción de Bádminton

O Complexo Deportivo 'Alvaro Pino de Ponteareas' acolleu este domingo a primeira xornada da 'III Copa de Promoción do Bádminton «XOGADE»', competición na que participaron un total de 180 nenos e nenas de diferentes clubs da provincia: CB Rosalía de Vigo, IES de Teis, CEIP San Salvador de Vigo, CB Tui, Asorei Cambados, CB Crecente, CB Rachaplumas, Compañía de Maria Cangas, Colegio Estudio, CB Salvaterra, EDM Salceda, CB Mondariz e o anfitrión CB Ponteareas.

A sección feminina do CN Ponteareas, campionas galegas no Campionato Galego Máster

O complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, acolleu do 19 ao 20 de xaneiro, o Campionato Galego Máster de inverno en natación, no que 439 nadadores e nadadoras de 26 equipos dábanse cita na primeira proba importante da tempada. As nadadoras da sección feminina do Club Natación Ponteareas, proclamábanse Campioas Galegas, mentres que o Club ponteaerán remataba nunha meritoria terceira posición. 

Primeira xornada da copa de promoción de bádminton 'Xogade' este domingo en Ponteareas

A concellería de Deportes do concello de Ponteareas, que dirixe Benito Márquez, convida a toda a cidadanía a participar nna primeira xornada da Copa de promoción de bádminton 'Xogade' que terá lugar este domingo día 20 a partir das 09:00 horas e ata as 14:30 horas. Serán oito xornadas deportivas que se desenvolven en diferentes sedes como son Vigo, Salceda, Tui, Crecente, Marín e Ponteareas. Nestas xornadas deportivas haberá modalidade individual ou dobres en todas as categorías, benxamin, infantil, alevín e cadete.

Máis de 200 persoas déronse cita na San Silvestre guardesa 2018

A Guarda acolleu o pasado luns día 31 de decembro a tradicional carreira San Silvestre 2018, que contou nesta edición coa participación de máis de 200 persoas, que decidiron participar e despedir o ano 2018 facendo deporte. O Evento, organizado por Atletismo Trega en colaboración co Concello da Guarda, contou cunha madriña de excepción: a atleta olímpica Julia Vaquero que animou e asinou autógrafos aos presentes.

Dez competicións e varias citas internacionais no calendario do MRCYB no 2019

Dez competicións deportivas marcarán a travesía do Monte Real Club de Iates neste 2019, un ano no que o histórico club baionés volverá situarse entre os máis prolíficos de España na organización de regatas. Os J80 serán os encargados de inaugurar o calendario deportivo coa Liga de Inverno Clase J80 que o club organiza, desde hai anos, en exclusiva para estes monotipos con gran presenza en Galicia. Disputarase en seis xornadas durante os primeiros meses do ano, empezando o próximo 26 de xaneiro e finalizando o 6 de abril.

  • Publicado en Baiona

Bo papel do CN Ponteareas no Campionato Galego Absoluto de Inverno

Do 28 ao 30 de Decembro a piscina Santa Isabel, de Santiago de Compostela, acolleu as probas correspondentes ao Campionato Galego Absoluto de Inverno. A modalidade open permitía a participación de clubs de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que tamén tiveron presenza nadadores e nadadoras de equipos de Madrid, Cataluña, Asturias e Baleares que elevaron o nivel competitivo de todas as probas.

Corporación de Baiona e Club de Atletismo 'enfrontaranse' nun encontro de fútbol sala solidario

O Pavillón Municipal de Baiona será escenario, o sábado 29 de decembro ás 18 horas, dun encontro de fútbol sala algo que, en principio, non sería de estrañar. Xa chama máis a atención e a curiosidade do veciño e veciña, cando un dos equipos que vai disputar o encontro é o formado pola Corporación Municipal e o outro polos compoñentes do Club de Atletismo que o fai excepcionalmente ben pero noutra especialidade deportiva que nada ten que ver co fútbol sala.

  • Publicado en Baiona

Nigrán celebra o domingo a súa 'San Silvestre Solidaria'

O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor celebran por cuarto ano consecutivo a carreira 'San Silvestre Solidaria' o domingo 30 de decembro para despedir 2018. A proba deportiva, non competitiva, consta de 6 km, con saída ás 19:00 horas dende o Pavillón Municipal de Panxón (lugar tamén da meta) pasando polo porto, o sendeiro azul e Monte Lourido.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS