Baiona acolle, este domingo, o XX Cros Escolar do Val Miñor

O vindeiro domingo día 13 de Xaneiro, a partir das 10:45 h, o antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, no concello de Baiona, acollerá a vixésima edición do Cros Escolar do Val Miñor, sendo este ano unha proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. 

  • Publicado en Baiona

Máis de 100 escolares no Campionato de Tenis de Mesa en Tomiño

O Concello de Tomiño foi sede da presentación do Campionato Provincial de Tenis de Mesa, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), coa colaboración do Concello de Tomiño, Agrudebam e Club de Tenis de Mesa Monteferreiros, e que se celebrará mañá sábado, 20 de maio, no Pavillón Polideportivo de Sobrada, coa participación de máis dun centenar de xogadores.

  • Publicado en Tomiño

Concellería e Xadrez Galego organizan o I Torneo Escolar de Xadrez do Porriño

A Concellería de Educación do Concello do Porriño, dirixida por Lourdes Moure e Xadrez Galego organizan, o vindeiro día 20 de xuño, de 10 h a 13 h no CEIP Plurilingüe de Atios, o I Torneo Escolar de Xadrez do Porriño, ao que están invitados 80 xogadores e xogadoras dos centros Antonio Palacios, Cruz-Budiño, José Fernández López, o propio Antonio Palacios, Hermanos Quiroga, Santo Tomás, IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPI da Ribeira e CEE Santísimo cristo del Amor.

Ponteareas acolle, mañá sábado, o Campionato Provincial de Bádminton Escolar

Pavillón de Deportes Álvaro Pino de Ponteareas acollerá mañá sábado, 28 de maio, o Campionato Provincial de Bádminton Escolar, torneo que foi presentado no día de onte nun acto no que o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, estivo acmpañado polo organizador do evento Víctor Lemos e o coordinador de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Guillerme Reinaldo.

Nigrán acolle a primeira proba do Campionato Zonal de Duatlon Escolar

Serán 78 rapaces e rapazas os que este vindeiro domingo, 17 de abril, a partir das 11 h, participarán na primeira proba da tempada do Campionato Zonal de Duatlón en Idade Escolar da provincia de Pontevedra, que terá lugar no parque empresarial y terciario de Porto do Molle. A competición, organizada pola Agrupación deportiva escolar 14, en colaboración co Concello de Nigrán, combina a bicicleta coa carreira a pé, e enmárcase no Programa Xogos Galegos Deportivos (Xogade) en Idade Escolar, promovido pola Xunta de Galicia.

  • Publicado en Nigrán

O sábado 20, primeira proba da IV Liga Escolar de Duatlon de Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, vén de poñer en marcha unha nova edición da Liga Escolar de Duatlon 'Val Miñor 2016' que con este chega xa ao seu cuarto ano de celebración. A liga constará de dúas probas, unha a disputar este vindeiro sábado 20 de febreiro, no campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís e a segunda que se disputará o día 21 de maio.

  • Publicado en Baiona

As Xornadas Escolares de Bádminton contarán coa participación de case 800 nenos e nenas

A terceira edición das Xornadas Escolares de Bádminton, que comezará o vindeiro mércores 27 de xaneiro, reunirá a case 800 nenos e nenas de entre 8 e 16 anos de 12 centros de ensino dos concellos de Ponteareas, Covelo, Mondariz e Salvaterra de Miño. Serán un total de 14 xornadas de competición repartidas semanalmente entre os luns, mércores e venres que se desputarán no pavillón Álvaro Pino.

900 escolares, no XVII Cross Escolar do Val Miñor organizado polo Concello de Baiona

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, acompañado polo xefe de servizos para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides e a concelleira de deportes, María Jesús Martíns Passos, presentou na mañá de hoxe, no salón de Plenos do Concello de Baiona, a XVII Edición do Cross Escolar do Val Miñor que se celebrará o vindeiro domingo día 17 de Xaneiro, a partir das 10:45 h, no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, Baiona. Na proba participarán máis de 900 escolares do Val Miñor así como de Vigo e da súa área metropolitana.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS