XX Cross Escolar «Vila de Baiona» o domingo 16 de decembro

O vindeiro domingo día 16 de Decembro, a partir das 10:45 h, terá lugar a vixésima edición do Cross Escolar do Val Miñor, proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cross Escolar Provincial e que terá lugar no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris, no concello de Baiona. A competición está organizada pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do Concello de Baiona.

  • Publicado en Baiona

Primeira marca de calidade para deportistas de alto nivel e xoves promesas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de anunciar a creación da primeira marca de calidade que impulsa a institución provincial destinada a deportistas de alto nivel e a xoves promesas. O primeiro paso para conseguilo é a aprobación dunhas bases reguladoras nas que se recollen os requisitos que deben cumprir as persoas aspirantes para obter o distintivo de Deportista de Alto Nivel (DEPODAN) e de Deportista Promesa (DEPOPROMESA).

Positivos resultados do Club Xadrez Mos no Campionato do Mundo

O 15 de novembro, chegaba ao seu fin cara ás 22:00 horas, o Campionato do Mundo de Xadrez Cadete; que durante dúas semanas celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, dúas semanas que, segundo o prpio Club Xadrez Mos "estiveron cargadas de experiencias inesquecibles, emocións, amizades e de moito xadrez de moi alto nivel”. O club mosense competía neste mundial con 15 mozos e mozas que acadaron uns resultados moi positivos.

  • Publicado en Mos

Lazoiro celebra os 50 anos da S.D. Salvaterra cunha exposición

A Asociación Lazoiro segue amosando a súa capacidade de achegar á veciñanza, todo aquilo que teña que ver coa historia de Salvaterra de Miño de cara a manter, preservar e difundir o patrimonio histórico e cultural do municipio. Logo das exposicións «Memoria de Salvaterra», «A Nosa Memoria» e «Xentes da Raia», que tiveron lugar nas Covas de Dona Urraca, Lazoiro acomete agora unha exposición sobre a «Historia do Fútbol de Salvaterra» celebrando, así, os 50 anos da Sociedade Deportiva Salvaterra.

María Miranda y Noa García do C.P.A. Condado de Salvaterra acceden á Categoría Nacional

A pasada fin de semana celebrouse en Ferrol a terceira fase de Categoría Rexional e probas de acceso á Categoría Nacional. Será unha data difícil de esquecer para María Miranda e Noa García patinadoras do C.P.A. Condado de Salvaterra nas categorías benxamín e alevín, respectivamente, xa que obtiveron o «apto» que lles permite asecender á categoría nacional.

A piscina de Chapela ten novas taquillas e un equipo de TRX no ximnasio

As novas taquillas substitúen ás anteriores que se atopaban moi deterioradas xa que o material non era o idoneo para ambientes húmidos. As novas taquillas son fenólicas e teñen cerre por moneda para garantir a seguridade dos usuarios. As novas taquillas instaláronse en todos os vestiarios. Foron adquiridas polo concello con cargo a fondos propios por importe de 20.800 euros.

Suscribirse a este canal RSS