Carmela Silva asina con dez novos Concellos convenios para executar proxectos DepoRemse

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta mañá, no Pazo Provincial, con dez alcaldesas e alcaldes da provincia os convenios de colaboración para a execución e financiación dos proxectos beneficiarios do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse). Deste xeito, xunto aos convenios xa asinados con outros 21 municipios, son 31 os proxectos beneficiarios deste Plan, que conta cun investimento de 11 millóns de euros.

«DepoRemse», un plan que transformará as vías municipais de 31 concellos da provincia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado delegado de Cooperación, Carlos López Font, presidiu onte o encontro informativo cos alcaldes e alcaldesas dos 31 concellos beneficiarios do «Plan DepoRemse» que tiña por obxectivo “facilitar aos concellos o camiño, achegándolles o modelo de convenio, e atender as súas dúbidas para que non haxa dificultades e poidan licitar os proxectos canto antes”, sinalou a presidenta provincial.

Ponteareas mellorará a contorna do pavillon con máis de 420.000 € do DepoRemse

O goberno de Ponteareas recibirá do plan DepoRemse, da Deputación de Pontevedra un total 421.291, 29 € para desenvolver o proxecto de “reordenación e integración urbana da contorna da piscina e do complexo deportivo Álvaro Pino e centro de saúde". A administración provincial levará ao pleno deste venres 28 de setembro a concesión deste novo proxecto para Ponteareas que tamén mellorará a accesibilidade ao centro de saúde e espazos públicos anexos.

O «DepoRemse» permitirá a mellora da seguridade das rúas Vigo e Celta da Guarda

Esta semana a Deputación de Pontevedra anunciaba os proxectos que se van beneficiar do Plan bianual 2018/2019 de remodelación e mellora da seguridade dos viarios municipais, DepoRemse, dos que dabamos conta nesta información e do que o Concello da Guarda vai ser beneficiario a través da mellora da mobilidade e seguridade no entorno das rúas Vigo e Celta. As obras contarán cun investimento de máis de 580.000 euros dos que o organismo provincial achegará 500.000 €.

A Deputación dá outro impulso aos concellos cos 11 millóns do plan «DepoRemse»

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente provincial, César Mosquera, presentou esta mañá os proxectos que se van beneficiar do Plan bianual 2018/2019 de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais, DepoRemse. “Estamos ante un novo impulso de 11 millóns de euros que imos destinar aos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia e que vai permitir reformular as vías municipais de todas as comarcas para que sexan máis seguras e accesibles”, subliñou a presidenta provincial.

Suscribirse a este canal RSS