David Regades: "O único culpable do problema dos PAC é Feijóo"

David Regades, secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, reuniuse este mércores con Elisa Ausin, Carlos Gabián e Pilar Rodríguez, representantes da plataforma «PACs en Pé de Guerra» da provincia. “O único culpable do problema dos PAC é Feijóo”, asegurou Regades na rolda de prensa posterior ao encontro. 

O Concello de Nigrán recibe as últimas urbanizacións de Porto do Molle

O delegado do Estado, David Regades entregou esta mañá ao alcalde de Nigrán, Juan González, as últimas obras de urbanización do polígono de Porto do Molle realizadas por Zona Franca. Ambos os responsables comentaron as posibilidades de mellora dun parque que xa é a insignia do Val Miñor e onde, unha vez vendidas as parcelas de uso comercial, apenas queda xa superficie dispoñible.

  • Publicado en Nigrán

O PSdeG presentará nos concellos pontevedreses mocións reclamando o fin dos recortes sanitarios

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG de Pontevedra presentou este mércores unha moción que insta ao Goberno de Feijóo a que remate cos recortes sanitarios na provincia de Pontevedra que están a provocar graves déficits nos servizos de atención primaria e hospitalaria na provincia. Esta moción, que xa foi presentada e aprobada no Pleno da Deputación, trasladarase agora aos Concellos da provincia para que se debata e aprobe.

Digna Rivas imponse nas primarias do PSdeG-Redondela

Digna Rivas impúxose onte domingo no proceso de primarias que o PSdeG-Redondela celebraba para elixir a persoa que terá a responsabilidade de encabezar a lista socialista na vindeira cita electoral de maio do 2019. As primarias redondelás foron secundadas case que masivamente pola maioría da militancia cunha participación que superou o 89%. Rematado o escrutinio, Digna Rivas acadaba un total de 50 votos, dos 94 emitidos, fronte aos 40 da súa compañeira de partido Olga Rodríguez, e catro votos en blanco.

O socialismo da comarca de Vigo esixe a retirada da peaxe da AG-57

As e os socialistas da comarca de Vigo, reunidos en Nigrán, reclamáronlle a Núñez Feijóo que elimine as peaxes da Autovía do Val Miñor, AG-57. Os socialistas, segundo asegurou o secretario xeral de Pontevedra, David Regades, encaran as eleccións municipais "coa maquinaria engraxada e funcionando «a toda máquina»". Regades asegurou que “o presidente da Xunta non fai máis que laiarse sobre o traspaso da AP-9, mentres que naquelas infraestruturas que xestiona el non toma medida ningunha en prol dos cidadáns”.

  • Publicado en Nigrán

A Guarda e Zona Franca abren vías de colaboración

O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, realizou hoxe sábado 6 de outubro, a primeira visita institucional ao Concello da Guarda, onde foi recibido polo alcalde, Antonio Lomba e a Corporación local. Regades, que asinou no Libro de Honra do Concello, mantivo posteriormente unha xuntanza de traballo na que se trataron diversos temas para tender lazos de colaboración institucional entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Guarda.

Suscribirse a este canal RSS