Gala Infantil das Bibliotecas de Redondela con 'Uxia Lambona e a Banda Molona'

As Bibliotecas Municipais de Redondela cumpriron, o pasado setembro, 50 anos de existencia, desde que a Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela abriu as súas portas ao público no ano 1968. Ademais das diversas actividades que se realizaron ata o momento, este venres, 25 de xaneiro, ás 18:00 h, no Multiúsos da Xunqueira de Redondela, vaise celebrar esta efeméride cunha Gala Infantil “50 Aniversario”.

O alumnado de Ponteareas achegarase á figura de Rosalía de Castro

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Hortensia Bautista, vén de anunciar a organización do primeiro concurso de poemas ilustrados e videos 'Día Rosalía de Castro'. Hortensia Bautista sinalou que este concurso está dirixido ao alumnado de ensino de todos os centros educativos de Ponteareas "coa finalidade de potenciar a creatividade e o coñecemento da obra da xenial poetisa".

O PP de Tui avoga polo consenso na rehabilitación do Teatro Principal

O Partido Popular de Tui vén de sinalar que a rehabilitación do Teatro Principal da cidade fronteiriza esixe "un acordo plenario que teña o apoio unánime do tódolos grupos municipais co fin de poñer en valor este símbolo da cultura tudense e desterrar a actual imaxe do edificio na paisaxe do noso Conxunto Histórico". A adquisición do Teatro Principal por parte do Concello de Tui mediante acordo unánime do pleno da corporación municipal á Fundación Teatro Principal, "implica que este inmoble pasa a ser de titularidade municipal e polo tanto unha responsabilidade de todos".

  • Publicado en Tui

'Contos Contados' na Biblioteca Pública da Guarda para conmemorar o Día da Ilustración

O vindeiro sábado día 26 de xaneiro de 2019 a Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza unha nova sesión de 'Contos contados' para conmemorar o Día da Ilustración e o aniversario do nacemento de Castelao (que se celebra o 30 de xaneiro). Neste caso a actividade comezará ás 11:30 horas e consistirá en contar Cuentos silenciosos, de Benjamín Lacombe, ilustrado en tres dimensións que lle dan vida e volumen a contos tradicionais dun xeito sorprendente, que fará as delicias dos máis cativos e cativas da casa.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda conta con dúas mesas para a práctica do Xadréz ao aire libre

O Concello da Guarda ven de instalar recentemente dúas mesas de Xadréz cos seus respectivos asentos na parte posterior do edificio do Centro Cultural da vila, unhas instalacións que servirán para a práctica do Xadréz, ofertando ademais dun servizo de préstamo de fichas de Xadréz e Damas na recepción do Centro Cultural.

  • Publicado en A Guarda

O «Meirande» de Redondela superou as 15.000 visitas no 2018

O Concello de Redondela, como todos os anos, vén de facer balance do grao de aceptación e do interese que xera a Aula de Interpretación da Batalla de Rande, coñecido como Meirande, que o Concello redondelán xestiona desde maio de 2013, data en que abría súas portas ao público este museo interactivo. Este pequeno museo, situado nun dos lugares con máis historia da contorna e á beira mesma do mar, en terreos da antiga Fábrica do Alemán, en Rande, superou este pasado ano 2018 as 15.500 visitas.

'O Gran Showman' este venres no ciclo 'Cinema de Inverno' na Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolle este venres ás 21:00 h unha nova sesión do ciclo 'Cinema de Inverno' coa proxección da película O gran showman, apta para todos os públicos. Esta proxección forma parte dos diferentes ciclos de cinema que se organizan ao longo do ano dende a Concellería de Cultura, unha actividade de balde ata completar o aforo, para a que non é preciso retirar entradas con anterioridade.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS