Máis de 1.600 persoas de 22 concellos participaron nas charlas «Tempo de Saúde»

O ciclo «Tempo de saúde», organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Colexio Oficial de Médicos e Médicas de Pontevedra, chegou a máis de 1.600 persoas nun total de 22 concellos da provincia. “Cifras que avalan o noso compromiso cos veciños e coas veciñas de Pontevedra e que ratifican que para este Goberno provincial o prioritario sempre son as persoas”, explicou a deputada provincial de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, que fixo hoxe balance desta iniciativa.

Asociacións de Redondela, nos programas «Conectadas» «Depo en marcha» e «En ruta coa Depo»

A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha diversas iniciativas no concello de Redondela, a través de programas organizados pola área de Cohesión Social que xestiona a deputada Digna Rivas. En concreto, asociacións e colectivos redondeláns beneficiáronse de iniciativas nos programas «Conectadas», «Depo en marcha» e «En ruta coa Depo». Ás activides xa desenvolvidas engádense as que, nestes momentos están en marcha e as que se realizarán ata final de ano.

A Deputación escoita as demandas das asociacións en materia de cohesión social e igualdade

A Deputación de Pontevedra rematou esta mañá en Silleda unha rolda de reunións con máis de 230 entidades da provincia para escoitar as súas demandas e incorporalas nos programas que a institución provincial está poñendo en marcha desde os servizos de Igualdade e Cohesión Social e Xuventude. Máis polo miúdo, as reunións, nas que participaron entidades de toda a provincia, tiveron lugar nas comarcas de Vigo, Pontevedra e Silleda e serviron tamén para dar a coñecer os obxectivos dos programas «Conectadas» e «Depo en marcha» que se están a iniciar estas semanas nos concellos da provincia.

A Deputación incluirá máis de 1.000 prazas gratuítas nos seus programas de carácter social

A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, mantivo hoxe no Museo de Pontevedra unha xuntanza cos concellos da provincia, e en concreto cos alcaldes e alcaldesas máis as persoas responsables dos seus servizos sociais, para presentarlles as máis de 1.000 prazas gratuítas e subvencionadas que o servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra inclúe nos distintos programas sociais que se desenvolverán ao longo de todo este ano 2017.

Máis de 500 persoas participaron nos obradoiros de 'Tecendo Lazos' da Deputación de Pontevedra

Máis de 500 persoas participaron nos 25 obradoiros que se desenvolveron ao abeiro do programa 'Tecendo Lazos' que desenvolveu a Deputación de Pontevedra a través do servizo de Cohesión Social que xestiona a deputada Digna Rivas e que, nesta vindeira semana, pecha a súa andaina con dous novos obradoiros a desenvolver nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas. Os dous obradoiros son posibles logo de que o Goberno provincial ampliase o prazo de impartición de 16 dos seus obradoiros dende o 31 de decembro ata o 15 de xaneiro.

A Deputación adxudica as máis de 18.000 prazas do programa 'En ruta coa Depo'

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación das máis de 18.000 (18.676) prazas do programa “En ruta coa Depo” elaborado polo servizo de Cohesión Social e Xuventude da institución provincial, logo de que o pasado 22 de agosto rematase o período de inscrición no mesmo. O programa puido superar a oferta de prazas recollida nas bases ─inicialmente eran 18.346─ debido a que o prezo de adxudicación foi menor do inicialmente previsto.

Digna Rivas e Carlos Font presentaron o renovado Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Os deputados Carlos López Font e Digna Rivas presentaron hoxe en rolda de prensa o renovado servizo de Cohesión Social e Xuventude que conta cunha nova filosofía baseada nos dereitos e a igualdade das persoas para acceder aos servizos e non en criterios de beneficencia. Font destacou a aposta da Deputación de Pontevedra "polos servizos sociais nun momento de crise económica e onde moitas persoas o están a pasar mal".

Suscribirse a este canal RSS