Chus Garrote satisfeita coa reunión con Fomento. “Haberá circunvalación”

A tenente de alcalde e candidata socialista, Chus Garrote, valorou como moi satisfactoria a reunión co Director Xeral de Carreteras que tivo lugar o pasado xoves no Ministerio de Fomento, na que se acadou o compromiso do Goberno de España cunha reclamación histórica dos veciños e veciñas de Ponteareas. “Nesta reunión os socialistas demostramos o noso compromiso con Ponteareas e fixémolo con feitos. Demostramos unha vez máis que somos un partido no que se pode confiar” declara Chus Garrote.

Sistema de saneamento "desatendido durante décadas" motivo das obras da Avenida de Galicia

O PSOE de Ponteareas acusou onte á portavoz e candidata do PP, Belén Villar, de "crear unha confusión premeditada e electoralista" entre os veciños de Ponteareas a conta da última obra de mellora no sistema de saneamento, concretamente no entronque da Avenida de Galicia coa Rúa Rogelio Groba. A obra, segundo os socialistas ponteareáns, responde á renovación da rede de saneamento "desatendido durante décadas" polos gobernos do PP.

O PSOE de Ponteareas apoia á manifestación contra os recortes sanitarios

O PSdeG-PSOE de Ponteareas e a candidata socialista á alcaldía, Chus Garrote, veñen de anunciar o seu apoio, unha vez máis, á manifestación pola defensa da sanidade pública. A manifestación terá lugar o vindeiro 8 de febreiro ás 19:00 horas en Ponteareas e sairá desde a casa do Concello de Ponteareas. Para os socialistas de Ponteareas esta é unha nova oportunidade “para demostrarlle á Xunta de Galicia e a Feijóo o rexeitamento dos veciños e veciñas á política de recortes e ao desmantelamento da sanidade”.

Os veciños de Bugarín contrarios á intención da Xunta de reducir arcéns na PO-254

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e a tenente de alcalde, Chus Garrote, reuníronse cos veciños de Bugarín para a analizar a intención da Xunta de Galicia de modificar o pintado da estrada PO-254 (Ponteareas-Mondariz) ao seu paso pola parroquia ponteareán. A pretensión da Xunta é habilitar espazos que faciliten o acceso aos barrios existentes a carón da estrada.

Porén os veciños amosaron a súa alarma ao comprobar que a actuación consiste nun simple pintado dun novo carril central de tres metros, sen ampliar a calzada. Desta maneira a Xunta pretende habilitar tres carrís na plataforma a costa do arcén que se reduce á mínima expresión. Pola súa banda o Goberno local asegurou compartir "a preocupación veciñal" pois a previsión da Xunta “implica un notábel risco para a seguridade viaria tanto de peóns, ciclistas como vehículos”.

O alcalde amosouse favorable a habilitar accesos seguros aos barrios “e así o viñemos xestionando coa Xunta”, pero, engade, “o que non podemos admitir é que se faga a costa de eliminar os arcéns, cun simple pintado e sen proxecto nin obra”. Por iso, explica o rexedor local, “comprometémonos cos veciños a realizar de inmediato un estudo técnico que entregaremos á Xunta para que a actuación non se limite ao repintado senón que conleve ampliar a calzada a tres carrís cos seus arcéns”.

A tenente de alcalde, Chus Garrote achacou a situación a “unha falta de planificación e rigor técnico da Xunta” e adiantou que se pedíu á administración autonómica a paralización inmediata da actuación.

Ponteareas paraliza os traballos de pintado da Xunta na PO-254 por falta de proxecto

A tenente de alcalde e candidata do PSOE á alcaldía de Ponteareas, Chus Garrote, mantivo unha reunión cos veciños de Bugarín para analizar a situación creada na estrada PO-254 (Ponteareas-Mondariz) debido ao que o Concello de Ponteareas considera "falta de planificación da Xunta de Galicia". Os socialistas ponteareáns sinalan que "as nosas sospeitas materializáronse o xoves pola mañá cando os técnicos e o enxeñeiro da Xunta de Galicia recoñecen que o pintado de Prado ten que ser eliminado".

Ponteareas esixe a Fomento unha partida plurianual de 21 millóns de euros

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde Chus Garrote veñen de esixir ao Ministerio de Fomento que se contemple nos orzamentos do Estado unha partida plurianual de 21 millóns de euros para a variante ou circunvalación "tal e como estaba prevista e os seis millóns para a mellora da seguridade viaria da N-120".

Chus Garrote: "A Xunta está empeorando a seguridade na PO-254"

A tenente de alcalde do Concello de Ponteareas e candidata á alcaldía polo PSdeG-PSOE, Chus Garrote cualificou de "chapuza" e improvisación as actuacións que a Xunta de Galicia está a desenvolver na PO-254, un pintato "que só ten un fin meramente electoral", asegura Garrote que considera que "xiste unha falta de planificación por parte da administración autonómica".

Suscribirse a este canal RSS