10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiChévere abre o ciclo teatral en Tui con N.E.V.E.R.M.O.R.E.

    Chévere abre o ciclo teatral en Tui con N.E.V.E.R.M.O.R.E.

    Chévere abre, este venres, a programación teatral para os meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui, nunha proposta coproducida polo Centro Dramático Nacional.

    N.E.V.E.R.M.O.R.E. é o título desta obra de teatro, que abre a caixa negra do Prestige e rescata a maior traxedia medioambiental de Galicia, o berro dun pobo ante a catástrofe e tece lazos coa pandemia actual.

    Co desastre do Prestige como tema central do espectáculo, esta obra de Xron acode á memoria colectiva para recordar esta historia.

    O elenco está conformado polos actores e actrices Miguel de Lira, Patricia Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez e Arantza Villar, que darán vida aos personaxes desta obra que pon o foco nese día 13 de novembro de 2002.

    A obra está recomendada a partir de 14 anos e ten unha duración de 110’. As entradas están xa á venda en tui.gal aos prezos de 10 e 8 euros, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo de o carné xove,  carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.

    Toda a información deste outono de teatro en Tui pódese consultar nas redes do concello e tamén na web tui.gal

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.