O PSdeG-Redondela culpa ao Goberno local da eliminación da «tarxeta verde» de Vitrasa

O PSdeG-Redondela acusou ao Goberno local de “falta de xestión” logo de coñecerse que, a partir do vindeiro 1 de marzo, os veciños e veciñas de Chapela, non poderán utilizar as tarxetas verdes de Vitrasa ao implantar a Vigo un novo sistema de tarxeta que permitirá o acceso ao autobús urbano, amais doutros beneficios na cidade, pero só será accesible para as persoas empadroadas na cidade olívica.

O Parlamento galego aproba solicitar a Fomento melloras polos danos da ampliación da AP9

A comezos desta semana debateuse no Parlamento de Galicia a Proposta Non de Lei, presentada polo grupo do Partido Popular e debatida polo redondelán Alberto Pazos. Dita proposta, aprobada por unanimidade, é segundo o Concello de Redondela, "un paso máis a sumar aos xa dados polo Goberno municipal e a Asociación de Afectados da AP9 para que o Ministerio de Fomento comprendan o que supón, esta ampliación da AP9 que está a piques de terminar.

Redondela traslada á Xunta a necesidade de eliminación da peaxe de Rande

O Concello de Redondela e os afectados pola AP9 veñen de trasladar á Xunta de Galicia a necesidade de eliminar a peaxe de Rande ao considerala “un agravio inxusto que prexudica a competitividade de Chapela e do conxunto da comarca de Redondela”, petición formulada nunha xuntanza que mantiveron onte á tarde, en Santiago, coa conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez.

Avanzan a bo ritmo as obras de saneamento no camiño de Cornide, en Chapela

Nestes días deron comezo as obras de saneamento no camiño de Cornide, en Chapela, obras que foran reclamadas polo Concello de Redondela a Audasa polas obras de ampliación da AP-9. O camiño obxecto dos traballos, non dispoñía de saneamento nin separación de augas fecais de pluviais e constituía, tanto para a parroquia de Chapela, coma para a súa praia, un foco de contaminación. Unha vez rematados os traballos, permitirán unha mellor calidade das augas e a eliminiación de verteduras.

A Biblioteca de Chapela inicia unha nova edición do «Club Infantil da Lectura»

A Biblioteca de Chapela vén de abrir a inscrición para que, os rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos e aos que lles guste ler, poidan participar no «Club Infanil da Lectura». As reunións deste Club terán lugar unha vez ao mes entre as 18:30 h e as 19:30 horas. Antes, os nenos e nenas levarán un libro para súas casas, o lerán con tranquilidade e, na reunión mensual, falarán do libro, do que lles gustou, do que non, dos seus protagonistas e multitude de cousas relacionadas co libro.

Redondela mellora o vial do Cubillón, en Chapela

O Concello de Redondela, a través do departamento de Vias e Obras que dirixe María José Barciela Barros, está a levar a cabo esta semana traballos no vial do Cubillón na parroquia de Chapela, de cara a mellorar a seguridade do mesmo.

Suscribirse a este canal RSS