Medio Ambiente colaborará no financiamento do PXOM de Redondela

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, e o alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira, mantiveron hoxe unha reunión de traballo para analizar a situación urbanística do concello pontevedrés e, concretamente, os pasos dados co obxectivo de dotalo dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), reunión na que tamén estaba presente a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo de Redondela, Carmen Amoedo..

Redondela inviste preto de 15.000 euros no parque de San Pedro en Cesantes

A concellería de Parques e Xardíns do Concello de Redondela, María José Barciela, visitou esta semana o parque de San Pedro en Cesantes, unha vez rematadas as obras de renovación da área, para comprobar o estado final dos traballos. A obra foi financiada tras recibir a pasada semana a resolución da subvención de Vicepresidencia e Administracións Públicas da Xunta de Galicia que representa unha axuda do 80 % do investimento total, poñendo o Concello de fondos propios o 20 % restante.

As prazas residenciais do Centro de Maiores de Cesantes entrarán en servizo no 2018

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, anunciou hoxe que a parte residencial do Centro de Maiores de Cesantes “entrará en servizo no primeiro semestre do 2018”. Rodríguez fixo estas declaracións durante a visita que realizou ao centro de maiores desta parroquia redondelá, acompañado polo alcalde, Javier Bas e pola concelleira de Benestar Social, Carmen Amoedo.

Redondela traslada á Xunta a necesidade de eliminación da peaxe de Rande

O Concello de Redondela e os afectados pola AP9 veñen de trasladar á Xunta de Galicia a necesidade de eliminar a peaxe de Rande ao considerala “un agravio inxusto que prexudica a competitividade de Chapela e do conxunto da comarca de Redondela”, petición formulada nunha xuntanza que mantiveron onte á tarde, en Santiago, coa conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez.

Redondela recepciona un local para Servizos Sociais na urbanización da antiga Fábrica de Regojo

O alcalde de Redondela, Javier Bas, asinou esta semana a recepción dun local na urbanización da antiga Fábrica de Regojo, cedido ao Concello de xeito totalmente gratuito, que acollerá as novas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade. O local, de 353 metros cadrados, conta cun proxecto deseñado polo arquitecto municipal e que cumpre coas necesidades amosadas polo propio servizo ao que vai destinado.

A Xunta mellora a accesibilidade na Avenida Mendiño de Redondela

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarnación Rivas acompañada polo alcalde de Redondela, Javier Bas, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, percorreron na mañá de hoxe as obras de humanización realizadas na contorna do pavillón polideportivo da Marisma e a rehabilitación da avenida de Mendiño.

O PXOM de Redondela comeza a materializarse coa elaboración do borrador

O Plan Xeral de Ordenación Municipal vén de entrar na fase de elaboración do borrador que, segundo o Concello redondelán, será presentado a comezos do vindeiro ano. O equipo redactor, logo de presentar ao Concello a nova cartografía de todo o muncipio, formulou unha metodoloxía que "distribue a extensión do municipio en partes para poder abordalo de maneira máis práctica".

Suscribirse a este canal RSS