Carmela Silva: "ningunha administración investiu tanto coma este Goberno no Condado-Paradanta"

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer hoxe, nunha comparecencia na Cañiza, que a institución provincial investiu nos tres anos do actual Goberno preto de 30 millóns de euros nas comarcas do Condado e da Paradanta. “É o maior investimento da historia da Deputación nos concellos de Ponteareas, As Neves, Salvaterra de Miño, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Arbo, Covelo e Crecente, dixo Silva, dos que máis de 18 millóns de euros corresponderon ao Plan Concellos e case 12 millóns ás distintas áreas do goberno provincial”.

Novo impulso á colaboración entre Deputación e Fomento nos xacementos da provincia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer o novo impulso dado ao protocolo de colaboración entre a institución provincial e o Ministerio de Fomento relativo aos xacementos galaico romanos da provincia. Tras unha reunión entre responsables do Ministerio, da Deputación e de Patrimonio da Xunta de Galicia, a presidenta provincial amosou a súa satisfacción porque o vindeiro mes xa se van licitar tres dos proxectos de musealización.

Tomiño vive un "día histórico"

A vella aspiración de Tomiño de que o tráfico de tránsito deixase de circular polo casco urbano, dividindo este ─como desgraciadamente ainda acontece en moitas das novas vilas e pobos─, deixa, dende onte, de ser unha aspiración para converterse nunha realidade tanxible. A presidenta da Deputación, Carmela Silva; a alcaldesa Sandra González e o xefe de Infraestruturas, José Luis Díez Yáñez, soterraban unha cápsula do tempo que marca o inicio unha obra que ordenará o crecemento da vila e mellorará a súa conectividade.

  • Publicado en Tomiño

Carmela Silva recibe a Paloma González, campioa mundial feminina de vela

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Deportes Chelo Besada, recibiu no Pazo Provincial á deportista pontevedresa Paloma González Esteban, que vén de acadar, xunto á súa irmá Paula, a medalla de ouro na categoría feminina no Campionato do Mundo de clase vaurien de vela celebrado a finais de xullo en Alemaña. As dúas irmás lograron ademais o bronce na categoría júnior, onde compiten equipos de homes e de mulleres e elas eran o único equipo feminino.

Xunta, Deputación e Concello colocan mañá a primeira pedra da Avenida de Tomiño

A Avenida de Tomiño, da que mañá colócase a primeira pedra, supoñerá un antes e un despois para o desenvolvemento do casco urbano xa que, a nova infraestrutura, supoñerá a retirada do tráfico de paso polo núcleo da vila na zona do Seixo. O pasado ano, Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia; Carmela Silva, presidenta da Deputación e Sandra González, alcaldesa de Tomiño, asinaban o convenio, do que dabamos conta en Comarcas na Rede, que daba luz verde a este importante proxecto.

  • Publicado en Tomiño

"Produtivo encontro" entre Carmela Silva e o Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo esta mañá a primeira reunión de traballo co delegado do Goberno de España en Galicia, Javier Losada. Silva, que amosou a súa satisfacción por ser a primeira vez en tres anos que un delegado do Goberno recibe á presidenta da Deputación, cualificou ao encontro como “moi produtivo. Voume coa mochila cargada ao saber que iremos cubrindo de contido folios en branco e recuperar, así, anos perdidos para dar saída ás demandas máis importantes da cidadanía da provincia de Pontevedra”.

Suscribirse a este canal RSS