A «III BTT Ruta do Viño Rías Baixas» pasará polo Rosal e Tomiño

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará o domingo 21 de outubro, a terceira edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas, na que os organizadores esperan un novo éxito de convocatoria, con máis de 250 participantes. Esta terceira edición trasládase a O Rosal e foi presentada onte no Pazo de Mugartegui. A proba contará cun percorrido de de 45,5 quilómetros, discorrerá entre os concellos do Rosal e Tomiño e terá o seu punto de inicio e finalización na Praza do Concello do Rosal.

  • Publicado en O Rosal

Nova xornada de competición do Teabikes en Cambados

O Club «Corbelo» organizaba unha nova xorndada de competición en terras de Cambados, nos arredores do monte Pastora, á que a Escola do Club Teabikes de Ponteareas acudía co benxamin Karin Aljafari e o promesa Noé Arauxo. Ámbolos dous corredores, nas súas respectivas categorías, conseguían arrancando dende atrás, rematar na metade da taboa clasificatoria.

Presentación oficial da Asociación Deportiva e Cultural «LampreBike» de Arbo

A Asociación Deportiva e Cultual «LampreBike» de Arbo, presentaba nas famosas pesqueira do Miño, a equipación, a directiva e os componentes do equipo, nun acto que contou coa presenza do alcalde de Arbo, Horacio Gil. «LampreBike» naceu hai dous anos cando uns vecinos do Concello de Arbo constituían unha asociación sen animo de lucro para "fomentar, coordinar e encauzar a amizade e ás iniciativas entre os integrantes da mesma".

  • Publicado en Arbo

Bo papel do Teabikes de Ponteareas na proba de estrada e xincana do Porriño

O Club escola Teabikes desprazábase este fin de semana ata O Porriño para disputar a proba de escolas carretara e participar na xincana que organizaba o Club Ciclista Spol. Ata alí chegaron Noé, Mateo, Karim e Alexi onde, nas súas monturas, disputaron xunto a 69 raider a ginkana individual. Os catro que son biker de MiniBTT probaron sorte nesta modalidade e obtiveron a merecidísima recompensa dunha medalla de participación, por parte do club organizador que dirixe Horacio Barros.

O domingo arranca en Tomiño o «V Desafío Terras de Turonio»,

O Desafio Terras de Turonio será, por quinto ano consecutivo, a gran cita do ciclismo de montaña, de longas distancias, por parellas. De feito a proba está considerada como a maratón BTT por parellas máis importante do norte de España. A competición, que organiza a firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, celébrase mañá domingo 22 de abril, e está previsto que tomen parte nela preto de catrocentos cincuenta participantes.

  • Publicado en Tomiño

Aberta a inscrición para a «IV Marcha BTT da Lamprea»

O Vindeiro día 22 de abril de 2018, ─unha semana antes da Festa da Lamprea que ten lugar o 27, 28 e 29 de abril─, o Concello de Arbo, organiza a «IV Marcha BTT da Lamprea», actividade que pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como son a Lamprea e o viño, así como as paisaxes do municipio. Trátase dunha ruta BTT e defínese dentro dunha especialidade ciclista que concibe este deporte como un exercicio físico con fins de ocio e turístico ou culturais, excluíndo a competición.

  • Publicado en Arbo

Miguel Rodríguez, do C.C. Ponteareas, no «Open de España BTT XCO»

O cadete do Club Ciclista Ponteareas, Miguel Rodríguez, desprazarase este sábado día 3 de marzo ata Valencia, para disputar o domingo día 4 de marzo o «Gran Premio Deputación de Valencia XCO Chelva», primeira das catro probas que compoñen o «Open de España de BTT XCO». Será esta a primeira ocasión na que o club ponteareán estea presente nunha proba de nivel estatal na modalidade de BTT.

Suscribirse a este canal RSS