Represas aposta por tomar a Pontevedra como referente

O candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, acompañado dos seis primeiros compoñentes da lista nacionalista, participou na tarde de onte nunha reunión de traballo co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e os membros do goberno local, César Mosquera e Carme da Silva.

O BNG do Porriño “municipalizará os servizos privatizados”

O BNG do Porriño asegurou “manter o compromiso de reverter o modelo privatizador aplicado polo PP no Porriño”. Para os nacionalistas porriñeses a recuperación dos servizos públicos é unha das prioridades do proxecto de goberno “que considera a xestión directa como o mellor antídoto contra a corrupción e como unha oportunidade para crear emprego público de calidade”.

BNG-AA Mondariz, candidatura "renovada e implicada"

O BNG-Asembleas Abertas de Mondariz ven de presentar en sociedade a candidatura coa que concorre ás vindeiras eleccións do 24 de maio, nun acto celebrado no Centro Socio-Cultural de Queimadelos, a parroquia máis pequena do Concello, que ven sendo gobernada con maioría polos nacionalistas dende fai oito anos.

O BNG quere potenciar o paseo do Louro como zona verde pública

O BNG do Porriño propón ampliar o paseo do Louro e mellorar a contorna do río para convertelo nun espazo de lecer para a veciñanza. A recuperación deste terreo como zona verde pública é unha das propostas centrais do programa nacionalista en materia de medio ambiente.

A supresión de paradas de bus no condado, ao Parlamento

O BNG vén de anunciar que levará ao  Parlamento Galego a supresión de paradas de autobús en Batalláns, San Pedro, Uma e Guillade. Esta pasada fin de semana, a deputada Carme Adan, reuniuse en San Pedro de Batalláns (As Neves) cun numeroso grupo de veciñas e veciños de Uma (Salvaterra de Miño) Guillade (Ponteareas), San Pedro e Sta. Olaia de Batalláns (As Neves), para informar sobre as actuacións levadas a cabo na institución parlamentaria en reclamación do mantemento das catro paradas de autobús que pretenden anular nesas parroquias.

Alex Osorno, candidato do BNG á alcaldía de Covelo

Alex Osorno, un rapaz novo e veciño de Covelo, será o candidato do BNG á alcaldía deste municipio da Paradantaa na vindeira cita electoral do 24 de maio. Osorno aceptou encabezar a candidatura "para permitir que Covelo poida ter un cambio real na política que ata o de agora gobernou o noso municipio", asegurou.

  • Publicado en Covelo

Candidatura BNG-AA de Salceda, “plural e dinámica”

O Centro de Servizos Sociais “A Devesa”, acolleu o acto público de presentación da candidatura coa que concorre o BNG-Asembleas Abertas, no Concello de Salceda de Caselas, ás eleccións municipais de maio. Un equipo de persoas, aseguran os nacionalistas, “plural, dinámico e comprometido, para afrontar os retos que Salceda ten por diante: benestar social e calidade de vida”.

O BNG presenta unha candidatura “con experiencia para gobernar Ponteareas”

O BNG-AA de Ponteareas concorrerá á cita electoral do vindeiro mes de maio cunha lista que, segundo o número un da mesma e candidato a alcaldía, Xosé Represas, “combina xuventude coa experiencia de varios edís que repiten en postos de saída”. Entre as novidades cabe salientar a presenza, no primeiro tramo da lista, os once que representan a maioría absoluta no Concello de Ponteareas, de Roberto Mera Covas, portavoz e candidato do BNG entre 1995 e 2007 e que foi durante preto dun ano, primeiro tenente de alcalde do Concello de Ponteareas no goberno bipartito PSOE-BNG.

Suscribirse a este canal RSS