Deputación investirá 169.000 euros na reurbanización da igrexa de Belesar en Baiona

O deputado provincial de cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobará hoxe venres en Xunta de Goberno o financiamento ao concello de Baiona para as obras de reurbanización e acondicionamento do acceso á igrexa de San Lourenzo de Belesar e da praza Antonio Taboada Tabanera da mesma parroquia. As dúas actuacións teñen un importe total de 168.995,46 euros e forman parte dos fondos da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos.

  • Publicado en Baiona

Baiona mellora e amplía o torreiro de Belesar

O Concello de Baiona levou a cabo, durante os últimos días, obras de mellora e ampliación no Torreiro de Belesar seguindo coa súa política de actuacións por todas as parroquias. O alcalde Ángel Rodal, acompañado polo concelleiro de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde, visitaron esta semana as obras que se realizan "nunha zona moi transitada e nun lugar no que se desenvolven moitas actividades", explicou o rexedor municipal.

  • Publicado en Baiona

O CEIP Belesar, segundo no Concurso da REAJ

O CEIP Belesar, despois dunha emocionante carreira no Concurso Nacional sobre o Patrimonio de cada Comunidade que organizaba a REAJ (Red de Albergues Juveniles), quedou no segundo posto tras a valoración do xurado , cun total de 21.607 votos.

  • Publicado en Baiona

O CEIP de Belesar, defensor do Patrimonio de Galicia

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Belesar, en Baiona, participa nun concurso nacional sobre o Patrimonio de cada comunidade, é o fai como único representante da Comunidade Galega. Así pois, os escolares de Baiona cargan coa responsabilidade de dar a coñecer o noso patrimonio e defender a súa importancia.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS