As estradas provinciais precisaron de medio milleiro de actuacións de emerxencia no 2018

As brigadas de conservación e mantemento da mobilidade na rede de estradas provinciais realizaron ao longo do ano 2018 un total de 478 actuacións de emerxencia, unha cifra máis baixa que a dos tres anteriores exercicios debido á redución das incidencias por causas meteorolóxicas. As borrascas, de menor intensidade, crearon menos complicacións e non foi preciso facer tantas saídas por asolagamentos, retirada de árbores, nevadas ou inundacións o que motivou, segundo confirmou o deputado responsable do departamento de Mobilidade, Uxío Benítez, que as actuacións por accidentes de tráfico volveran ser as máis numerosas.

Carmela Silva: “Ningunha administración investiu nos concellos da comarca viguesa tanto como este Goberno”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada de Cohesión Social, a redondelá Digna Rivas, mantivo un encontro informativo cos medios de comunicación para dar conta dos investimentos realizados, pola administración provincial, nos sete concellos que conforman a Comarca de Vigo: Redondela, Mos, O Porriño, Fornelos de Montes, Pazos, Salceda de Caselas e Soutomaior.

Mos reafirma no 2017 o seu desenvolvemento urbanístico

O Concello de Mos vén de facer balande das licenzas urbanísticas concedidas no recen rematado 2017 no que o municipio mosense confirma o seu crecemento urbanístico cun 14% máis de licenzas que no pasado 2016. Mos, segundo o Goberno local, "convértese nunha localidade para vivir grazas á entrada en vigor do PXOM". O peso do número de permisos concedidos de obra maior e comunicación previa de obra menor recae na construción e acondicionamento de vivenda, respectivamente.

  • Publicado en Mos

O Corpus de Ponteareas medra en visitantes e colaboradores

O Concello de Ponteareas puxo na noite de onte o broche final ás súas festas do Corpus Christi coa tirada de fogos de lucería ás 23:30 horas e a actuacón da Orquestra Olympus encargada da fin de festa. A Concellería de Cultura e Turismo, xestionada por Hortensia Bautista, destacou "a alta participación e a ampla repercusión mediática, un feito que ven reforzar todas as características e peculiaridades que xa reunía o Corpus e a súas alfombras florais de cara ao seu recoñecemento como BIC (Ben de Interese Cultural)".

Máis de 107.000 persoas solicitaron información na oficina de turismo de Baiona no 2015

Que Baiona é un destino turístico de excelencia, é algo que a estas alturas, ninguén dubida e máis se nos cinguimos aos datos facilitados polo Concello de Baiona á hora de facer balance da súa actividade turistica no 2015: máis de 107.000 persoas solicitaron información na Oficina de Turismo de Baiona. Un dato que, sen dúbida, fala ben as claras da potencialidade turística do concello baionés.

  • Publicado en Baiona

Por fin ha terminado el 2015

Éste año 2015 parece que estaba marcado en el destino de la esta bola azul llamada Tierra para que dentro del mundo cultura, especialmente musical, muchos la abandonaran, ya que por unas causas o otras, ha habido un gran número de fallecidos pertenecientes a este mundillo, afortunadamente, siempre nos quedará su legado musical.

Tui pecha 2015 con máis de 5.300 espectadores nos 18 espectáculos do Teatro Municipal

O ano 2015 pechouse en Tui cunhas cifras máis que notables en canto á participación de público nos 18 espectáculos oficiais que tiveron lugar no Teatro Municipal. Máis de 5.300 persoas participaron nestas actividades, o que amosa o interese que espera a cultura na cidade fronteiriza con actividades que son secundadas polo público de xeito masivo.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS