A Deputación dá o «pistoletazo» de saída ao programa «Depointegra Xoven» no Baixo Miño

Este mércores, 28 de febreiro, ás 11:00 horas na Sala da Área Panorámica de Tui, terá lugar a xornada informativa para dar a coñecer o programa «Depointegra Xoven» da Deputación de Pontevedra. A institución provincial destina a este proxecto, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, máis de 2,5 millóns de euros co obxectivo de integrar no mercado de traballo á mocidade da provincia que non participa nos sistemas de educación nin de formación.

  • Publicado en Tui

Tomiño, a indiscutible capital galega da planta ornamental

Ao mediodía de onte sábado, 2 de abril, inaugurabase en Goián, Tomiño, a décimo terceira edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, feira "única no seu tipo en Galicia", como salientaba a alcaldesa Sandra González na súa intervención, e que este ano daba un paso máis cara a súa expansión, abrindo ás portas a produtores chegados do veciño Portugal e doutros puntos de Galicia e amosando amais, nun stand montado por Acubam (Asociación de Cultivos do Baixo Miño), organizadores da feira, as importantes novidades na produción e distribución de planta ornamental e maquinaria especializada.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS