Máis de 200 persoas déronse cita na San Silvestre guardesa 2018

A Guarda acolleu o pasado luns día 31 de decembro a tradicional carreira San Silvestre 2018, que contou nesta edición coa participación de máis de 200 persoas, que decidiron participar e despedir o ano 2018 facendo deporte. O Evento, organizado por Atletismo Trega en colaboración co Concello da Guarda, contou cunha madriña de excepción: a atleta olímpica Julia Vaquero que animou e asinou autógrafos aos presentes.

Nigrán celebra o domingo a súa 'San Silvestre Solidaria'

O Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor celebran por cuarto ano consecutivo a carreira 'San Silvestre Solidaria' o domingo 30 de decembro para despedir 2018. A proba deportiva, non competitiva, consta de 6 km, con saída ás 19:00 horas dende o Pavillón Municipal de Panxón (lugar tamén da meta) pasando polo porto, o sendeiro azul e Monte Lourido.

  • Publicado en Nigrán

Tomiño acolle, o 23 de decembro, a 'I Carreira de Nadal Tomiño 2018'

O Concello de Tomiño, en colaboración co Club Atletismo Trega organiza a 'I Carreira de Nadal Tomiño 2018', que terá lugar o día 23 de decembro próximo. As inscricións son totalmente de balde, podendo formalizalas a traves do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou ben presencialmente o mesmo día da proba. Ao remate, chocolate quente para todas as persoas participantes.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda acolle, este domingo, a «15K do Atlántico–Banco Mediolanum»

O pasado martes día 2 de outubro de 2018 o CEIP Mestre Manuel García de Oia acolleu a presentación da sexta edición da «15K do Atlántico–Banco Mediolanum», unha proba deportiva referente do running galego que congregará este ano a preto de 600 corredores na categoría 15 quilómetros e 200 na categoría de andaina, empregando parte do trazado do Camiño Portugués da Costa.

Persoeiros do atletismo tentan contaxiar o gusto por este deporte á rapazada de Tomiño

A semana pasada máis de 40 nenos e nenas remataron deron por rematada a súa participación no Campus de Atletismo do Concello de Tomiño, recibindo clases diarias e visitas de atletas consagrados no panorama galego. A realización deste campus de atletismo foi posible grazas á existencia do Club Sociedade Atlética Trega de Tomiño, de recente creación, que levan adiante Javier Sierpes e Patricia Pereira, tamén monitores deste campus.

  • Publicado en Tomiño

«Taninos Runners» de Ponteareas, na XLV Maratón de Berlín

O próximo domingo 16 de setembro terá lugar a edición número 45 do Maratón de Berlín, unha das mellores carreiras nesta distancia no mundo e onde se teñen rexistrado as mellores marcas. A carreira arrincará ás 09:15 e contará coa presenza de quince atletas do equipo dos «Taninos Runners» de Ponteareas. O maratón de Berlín é un dos seis Majors, as seis mellores probas do mundo, xunto con Nova Iork, Londres, Boston, Tokio e Chicago.

A Guarda felicita a Iago Soler, Elsa Pena e Sergio Rodríguez polos seus éxitos

O Concello da Guarda quixo hoxe transmitir a súa felicitación aos e ás deportistas que, na pasada fin de semana, acadaron varios éxitos deportivos nas súas respectivas modalidades. Iago Soler en natación, Elsa Pena en triatlón e Sergio Rodríguez en atletismo, recibiron a felicitación do Concello polos seus éxitos que serven para animar a veciños e veciñas á práctica deportiva.

#todosconparamos, o atletismo solidario da Eurocidade Tui-Valença

O domingo 10 de xuño, a Eurocidade Tui-Valença celebrará a sétima edición da proba de atletismo solidaria «Eurocidade10» que este ano destinará todos os fondos recadados á Plataforma de Afectados pola explosión de Paramos. A inscrición de 4 euros, será destinada íntegramente a esa finalidade. Amais, as e os participantes tamén poden colaborar mercando, por 5 euros, unha camiseta da proba co hastag #todosconparamos.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS