‘Días Azuis’ unha iniciativa dos empresarios de Redondela e Abanca para a dinamización comercial

A asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración con Abanca, vén de presentar a campaña ‘Días Azuis’ que ten como obxectivo principal a dinamización comercial do municipio e ao mesmo tempo a fidelización dos clientes. As persoas que merquen no comercio de proximidade ata o 30 de xuño, poderán participar no sorteo de tarxetas prepagamento de 500, 300 e 150 euros para mercar novamente no comercio galego.

A Xunta comprométese coa Asociación de Empresarios de Redondela a rematar coas verteduras

A Directora Xeral de Conservación da Natureza, Ana Díaz López e o Director de Augas de Galicia, Roberto Rodriguez comprometéronse coa Asociación de Empresarios de Redondela, a desenvolver un maior control e vixilancia das augas e verteduras que afectan as depuradoras de Redondela e Teis-Vigo. A Depuradora de Teis, que verte a escasos metros da Praia de Arelonga, causou, durante o pasado verán, importantes perdidas económicas aos establecementos hostaleiros da zona de Chapela, explica a Asociación de Empresarios.

Suscribirse a este canal RSS