As Neves contratará no 2019, cando menos, 29 persoas

O Concello de As Neves ten programada a contratación, ao longo deste 2019 de, cando menos, 29 persoas, en períodos que van de 3 a 10 meses e, na meirande parte dos casos, en xornadas de traballo completas. Coma subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “o noso obxectivo é, coma viñemos facendo dende o inicio do mandato, que ese emprego sexa cada vez de maior calidade, coa mellora nas condicións laborais e o tempo de contratación máis amplo posible”.

  • Publicado en As Neves

As Neves mellorará a mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns

O Concello das Neves comezará en breve as obras de mellora da mobilidade nas rúas Marquesa do Pazo e Entrecíns, contempladas xa no Estudo de Mobilidade de Espazo Público, e que, coma salienta o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “poñerán o acento na mellora da accesibilidade e seguridade vial nos percorridos peonís, tales como vados peonís, pasos de peón elevados e ampliación de beirarrúas”.

  • Publicado en As Neves

As Neves inicia unha nova tempada de «Cinema de Inverno»

O Concello das Neves, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, volve de novo os sentidos ao sétimo arte e inicia unha nova tempada do ciclo «Cinema de Inverno», que terá como sala de proxección o Auditorio Municipal. A primeira proxección chegará á pantalla o domingo día 27 de xaneiro, ás 18:30 horas, da man das curtas infantís de OQO Editora, Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos.

  • Publicado en As Neves

O Concello das Neves mellora as escolas de Rubiós e Taboexa

O Alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, vén de supervisar as obras que se están a facer na Escola de Rubiós que teñen coma obxectivo, coma as que se levan adiante tamén na Escola de Taboexa, a mellora destes inmobles para continuar prestando o seu uso educativo. O rexedor local comprobou que están a atallarse os problemas de humidade do edificio, así coma a de falla de illamento térmicos nas aulas, a mellora e reposición do chan e a colocación dun novo lavabo.

  • Publicado en As Neves

A inscrición do Campamento Familiar, abre unha ampla programación de Nadal nas Neves

O Concello das Neves vén abrir o prazo para o campamento ambiental  ‘O noso medio’, pensado para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións de Nadal. O campamento será totalmente de balde e comezará as súas actividades o luns 24 de decembro para pechalas o venres 4 de xaneiro de 2019. Poderán participar no mesmo nenas e nenos de entre 4 e 12 anos de idade que poderán participar en diferentes actividades dende as 9 da mañá. As inscripcións poden facerse xa no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

  • Publicado en As Neves

As Neves renova o alumeado público na rúa Eira da Liñaza

O Concello das Neves prosigue desenvolvendo o plan de de mellora no alumeado público e edificios públicos de cara a conseguir unha maior eficiencia enerxética e, ao mesmo tempo, un maior aforro económico ao mesmo tempo que se anova o servizo. Os traballos centráronse, nas últimas datas, na renovación do sistema de alumeado –incluídos os báculos das luminarias– en toda a rúa Eira da Liñaza, xunto cunhas novas no barrio do Monte.

  • Publicado en As Neves

As Neves continúa co seu programa de mellora da rede viaria

O Concello das Neves continúa coa reparación de camiños durante 2018, desenvolvéndose agora os traballos en Garavisco-Aldea, Carrasqueira e Chan. A inicios de ano os esforzos tiveron que centrarse en Santa Olaia de Batalláns sobre todo en Trasdoval e Pío. As enchentes derivadas dos lumes de 2017 afectarons a 4 puntos nos que os regatos cruzan nas estradas deixando 3 desdes puntos co tráfico pechado. Nese punto reparáronse as canalizacións, os muros e o asfaltado.

  • Publicado en As Neves

Novas accións formativas do programa "Conectadas 2018" a partir do luns

 

A partir deste luns 263 mulleres e homes de 13 concellos da provincia comezarán os cursos programados ao abeiro do programa “Conectadas 2018”, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada á promoción e desenvolvemento da igualdade. A estas accións formativas poden sumarse tanto homes coma mulleres e o obxectivo é promover e traballar na igualdade.

Suscribirse a este canal RSS