A Xunta mellora o sendeiro da praia de San Xoán en Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Arbo co obxectivo de comprobar as obras de acondicionamento e mellora do sendeiro entre o río Deva e a praia de San Xoan, realizadas pola Consellería de Medio Ambiente. O delegado estivo acompañado do alcalde da localidade, Horacio Gil, así como do xefe territorial de Medio Ambiente en Pontevedra, José Manuel González.

  • Publicado en Arbo

Presentación oficial da Asociación Deportiva e Cultural «LampreBike» de Arbo

A Asociación Deportiva e Cultual «LampreBike» de Arbo, presentaba nas famosas pesqueira do Miño, a equipación, a directiva e os componentes do equipo, nun acto que contou coa presenza do alcalde de Arbo, Horacio Gil. «LampreBike» naceu hai dous anos cando uns vecinos do Concello de Arbo constituían unha asociación sen animo de lucro para "fomentar, coordinar e encauzar a amizade e ás iniciativas entre os integrantes da mesma".

  • Publicado en Arbo

La «Basque Culinary Center» visita Marqués de Vizhoja

Una selección Basque Culinary Center, la primera universidad española especializada en Gastronomía y artes culinarias, visitó la bodega familia más antigua de Galicia, Bodegas Marqués de Vizhoja, con la idea de conocer de primera mano el trabajo que desde hace cincuenta años se realiza por la familia Peláez.

  • Publicado en Arbo

Aberta a inscrición para a «IV Marcha BTT da Lamprea»

O Vindeiro día 22 de abril de 2018, ─unha semana antes da Festa da Lamprea que ten lugar o 27, 28 e 29 de abril─, o Concello de Arbo, organiza a «IV Marcha BTT da Lamprea», actividade que pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como son a Lamprea e o viño, así como as paisaxes do municipio. Trátase dunha ruta BTT e defínese dentro dunha especialidade ciclista que concibe este deporte como un exercicio físico con fins de ocio e turístico ou culturais, excluíndo a competición.

  • Publicado en Arbo

O Plan Concellos da Deputación destina máis de 30.000 euros a Arbo

O goberno provincial de Carmela Silva vén de aprobar, a través de resolución presidencial, a primeira axuda ao concello de Arbo ao abeiro da liña 1 de investimentos do “Plan Concellos 2018”. Con este investimento de 31.508,15 euros, Arbo poderá mellorar o entorno da estrada que une Rocha con Cabeiras. Anteriormente, o concello de Arbo xa recibira 94.336,32 euros, ao través da Liña 3 de emprego do Plan Concellos, para a contratación de 16 persoas que traballarán nos distintos servizos municipais da vila.

  • Publicado en Arbo

Arbo despide o Entroido 2018 cun desfile de comparsas

O Concello de Arbo despediu o Entroido 2018 esta fin de semana cun amplo programa de actividades que comezaba na tarde do sábado coa «Festa Infantil», na que os mais cativos ─e as familias que os acompañaban─ gozaron con música, baile e xogos, acompañados dos persoaxes da Patrulla Canina.

  • Publicado en Arbo

Adegas Marqués de Vizhoja, nos XIX Premios Nacionais de Creatividade Publicitaria «c de c»

Adegas Marqués de Vizhoja participa nos XIX PremiosNacionales de Creatividade Publicitaria «c de c» coa súa campaña Sóache?, un slogan e un vídeo que conquistou ao público recentemente no lanzamento da nova colleita de Marqués de Vizhoja a ritmo dos luthiers ToomPak que crearon a partir dos sons habituais da adega unha melodía coa maquinaria, cubas, caixas, teléfonos e botellas como protagonistas. Na categoría de audiovisual valorarase a innovación e o uso da música para unha campaña publicitaria que se medirá con grandes marcas nacionais e internacionais nas primeiras semanas de abril.

  • Publicado en Arbo
Suscribirse a este canal RSS