A Guarda amosará todo o seu potencial turístico en FITUR

Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 23 ao 27 de xaneiro, a súa trixésimo novena edición. O concello guardés promocionará o seu potencial turístico no stand de Turismo de Galicia e, o xoves ás 12 horas, tamén estará presente no acto organizado pola Deputación de Pontevedra onde se promocionará o Destino Rías Baixas como Destino gastronómico dentro da campaña 'Fame de Experiencias'.

  • Publicado en A Guarda

A Atención ao Cliente centrou a charla de Fátima Rodríguez en 'Comercio Innova Plus'

O Concello da Guarda continúa coas actividades do programa formativo 'Comercio Innova Plus'. O pasado luns día 21 de xaneiro tivo lugar unha charla sobre «Innovación no cara a cara co cliente», que se realizou na Casa dos Alonsos da Guarda a cargo da poñente Fátima Rodríguez Marcos, Licenciada en Psicoloxía, quen posúe unha ampla experiencia como formadora en habilidades comunicativas e atención ao cliente. Dende fai case 4 anos dirixe o seu propio proxecto profesional a través de Talentea, unha consultoría de proxectos ubicada en A Guarda.

  • Publicado en A Guarda

O Sergas asume os gastos de mantemento do Centro de Saúde da Guarda

O pasado martes día 15 de xaneiro de 2019 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro Bello, asinaron o acordo para a asunción dos gastos do Centro de Saúde PAC da Guarda por parte da Consellería de Sanidade, unha vella reivindicación, trala cal o Concello da Guarda cede a titularidade do Centro de Saúde a Sanidade.

  • Publicado en A Guarda

Juan Morandeira Vázquez forma a comerciantes guardeses

O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo 'Comercio Innova Plus', dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza de balde. 

  • Publicado en A Guarda

A Finca de Fínola xa forma parte do patrimonio da Guarda

O Concello da Guarda ultimaba, na mañá do venres 29 de decembro e logo de realizar os correspondentes trámites notariais, a adquisición da Finca de Fínola que, dende agora, forma parte xa do patrimonio municipal. O alcalde, Antonio Lomba, manifestaba, despois de asinar a escritura de compravenda, a súa satisfacción "polo éxito desta operación" que comezou a fraguarse a primeiros de 2018 e que considera "moi importante para o presente e futuro da Guarda".

  • Publicado en A Guarda

Ignacia Cadilla, a terceira muller máis lonxeva de Galicia, cumpre 109 anos na Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio lomba e a concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente, visitaron este mércores a Ignacia Cadilla, que ven de celebrar o seu 109 cumpre anos e convértese na terceira muller máis lonxeva de Galicia. Ignacia Cadilla recibiu aos representantes municipais, acompañada dos seus familiares e agradeceu a súa visita, recordando o paso das procesións pola súa rúa, que acostuma a ver dende as ventás da súa casa na Rúa Hernán Cortés.

  • Publicado en A Guarda

A auga, protagonista dunha exposición fotográfica na Guarda

O martes día 11 de decembro a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolleu a inauguración da exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel. O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; as concelleiras de Turismo e Cultura, Montserrat Magallanes e Elena Baz, respectivamente, así coma unha representación de Afundación e de Abanca, coorganizadores desta exposición e público asistente.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS