Veciñanza da Guarda e Camiña participan na «Ruta da Cova Moura»

Este pasado sábado celebrouse a primeira das andainas da nova tempada desta iniciativa posta en marcha pola Câmara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda. A actividade busca dar a coñecer, entre a veciñanza de ámbolos dous municipios, o patrimonio e paisaxe de Galicia e Portugal. As e os participantes puieron gozar dunha das máis fermosas rutas por terras de Monção, como é a Ruta da Cova Moura, cun percorrido de preto de 20 quilómetros.

  • Publicado en A Guarda

Este domingo péchase o programa «Tralas Pegadas do Tempo» de Tui

O programa «Tralas pegadas do tempo» organizado pola concellería de Patrimonio e Cultura do Concello de tui realizará este sábado, 15 de setembro, a derradeira visita das catro programadas, que comezaron no mes de agosto.

Este sábado anticípase a hora de saída ás 20 h no aparcamento próximo a capela de San Xiao no Monte Aloia. A primeira actividade será un percorrido pola muralla ciclópea do Aloia, e posteriormente os participantes achegaranse ás mámoas de Chan Longa, situadas preto do parque infantil do cumio. Como remate haberá un obradoiro de fundición no que os participantes crearán un machado de bronce. A duración estimada da actividade é de hora e media ou dúas horas.

A muralla ciclópea do Monte Aloia conta con gran importancia pese a ser unha gran descoñecía. En realidade se trata de tres recintos fortificados con carácter defensivo cuxas dimensións serían próximas ás de sumar os conxuntos históricos de Tui, Santiago e Lugo. Os participantes na visita deste sábado poderán coñecer máis da súa orixe, dimensión, e poboacións que tivo.

Lembramos que a visita ten un cupo de 50 persoas e é preciso inscribirse a través do whatsapp 610 70 34 88. Cómpre lembrar que a hora de partida será ás 20h do aparcamento próximo á capela de San Xián no cumio do monte.

  • Publicado en Tui

O luns ábrese a inscrición para as tres andainas promovidas pola Guarda e Caminha

Entre os meses de setembro e novembro, o Concello de Guarda e a Câmara Municipal de Camiña organizan tres andainas que permitirán aos e ás participantes, coñecer a paisaxe e patrimonio da comunidade galega e do país veciño. O prazo de inscrición ábrese o luns 27 de agosto e permanecerá aberto ata o día 30 de agosto tendo prioridade, á hora de inscribirse, as persoas que o fagan para as tres camiñadas previstas.

Unha andaina nocturna unirá este sábado os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença

Unha andaina nocturna unirá este sábado, 28 de xullo, os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença, o Monte Aloia e o Monte Faro, á luz da lúa chea. Será un percorrido de 17 de quilómetros, de dificultade doada, que comezará ás 23:30 hora española no Aloia e rematará entorno ás 5 da madrugada vendo o amencer no Monte Faro. Esta novidosa proposta forma parte do calendario de Andainas Saudables da Eurocidade.

  • Publicado en Tui

A Guarda abre a inscrición para a «Andaina da Romería de São João d’Arga»

O martes 28 de agosto retomaranse as andainas organizadas, conxuntamente, polo Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha, e o farán coa andaina da Romaría de São João d’Arga. Organizada pola Unión de Parroquias de Caminha e Vilarelho, co apoio da Cámara Municipal de Caminha, a andaina da romaría contará cun percorrido de 20 qm, cunha dificultade media-alta, dende Caminha ata Arga de São João, sita na Serra d’Arga. Este é o percorrido que facían os peregrinos na véspera da festa.

Rutas por el Parque Nacional de las Islas Cíes (Vigo). Parte I

Historias de un viernes, pero no un Viernes cualquiera

─Oye tú, Cara Príncipe, tenemos unas preguntas que hacerte─ le dice Balú.
─¿Y por qué voy a contestaros?. Se quienes sois, todos los callejeros hablan de vosotros.
─¿Que tienen que decir de nosotros esa chusma?.
─Nosotros no somos chusma─ replicamos Lolo y yo al unisono.

Andaina pola «Ruta Máxica de Oia» organizada polo Concello da Guarda

O vindeiro sábado, 26 de maio, terá lugar a andaina «Ruta Máxica de Oia», programada para dar comezo ás andainas organizadas polo concello da Guarda e a Câmara Municipal de Caminha, actividade que estaba prevista para o mes de marzo, pero que debido as malas condicións meteorolóxicas tivo que ser aprazada.

«Depo Andainas» visita As Neves cunha ruta de concienciación ante os lumes forestais

Este domingo 20 de maio terá lugar a primeira quenda da terceira edición do programa gratuíto «Depo Andainas», que organiza a Deputación de Pontevedra, unha ruta que nesta primeira actividade, elixiu o concello das Neves. Preto de 300 persoas farán un percorrido circular de case que 16 quilómetros e que terá unha duración aproximada de 3 horas e media. Tratarase dunha actividade na que a vaga de lumes que arrasaron a provincia de Pontevedra o pasado mes de outubro terá unha importancia notoria.

Suscribirse a este canal RSS