Nenos e nenas coñecen a música no campamento da Agrupación Musical de Goián

Dende comezos desta semana, 24 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, asisten no auditorio de Goián, a unha nova edición do Campamento Musical organizado pola Agrupación Musical de Goián, coa colaboración co Concello de Tomiño. Como en anos anteriores, os/as participantes non son so de Tomiño, senón tamén doutros concellos da comarca, coma O Rosal, A Guarda, Tui ou Vilanova de Cerveira.

  • Publicado en Tomiño

A Agrupación Musical de Goián celebra, o domingo, o «Concerto do Socio»

O vindeiro domingo, 15 de abril, ás 18.00 horas, o auditorio de Goián acollerá o Concerto do Socio 2018, da Agrupación Musical de Goián, baixo a batuta do mestre e director Pedro Villarroel González. Ademais, con motivo do XX Aniversario da banda, vaise realizar unha exposición fotográfica no auditorio baixo o título «20 anos da AMG en imaxes».

  • Publicado en Tomiño

Éxito indiscutible do concerto de Santa Icía da Agrupación Musical de Goián

A Agrupación Musical de Goián vén de celebrar o seu tradicional concerto de Santa Icía e o fixo, un ano máis, cun éxito total de acollida por parte do público. Un ateigado auditorio de Goián acolleu as actuacións da banda xuvenil e da propia agrupación coas que, baixo a batuta de Pedro Villarroel, fixeron un percorrido por algún dos musicais máis coñecidos da historia do cine.

  • Publicado en Tomiño

I Encontro de Clarinetes no auditorio de Goian, en Tomiño

O auditorio de Goian acollerá este venres, 12 de maio, o I Encontro de grupos de clarinete. O evento está organizado pola Agrupación Musical de Goian e dará comezo ás 19,30 horas. No encontro participarán alumnos e alumnas que cursan estudos musicais no Conservatorio Profesional de Tui e na Escola de Música da Agrupación Musical de Goián.

  • Publicado en Tomiño

Aberta a matrícula na Agrupación Musical de Goián

A escola de música da Agrupación Musical de Goián vén de abrir o prazo para inscribirse no curso académico 2016/2017. As clases desenvolveranse no Auditorio de Goián recentemente reformado co fin de adaptar as instalacións para escola de música, coa creación de varias aulas e reestruturación de espazos específicos.

  • Publicado en Tomiño

A escola da Agrupación Musical de Goián, no Certame de Coros de Ferrol

Máis de trinta nenos e nenas da escola de música da Agrupación Musical de Goián, participarán mañá sábado, no Certame de Coros Infantiles que se celebra no Auditorio de Caranza en Ferrol organizado polo prestixioso Conservatorio Profesional ferrolán. Ademáis do coro de Ferrol e de Goián, no certame participarán os coros de Santiago de Compostela e de Lugo.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS