Augas de Galicia avala a denuncia de AER sobre a senda do Maceiras

Augas de Galicia vén de dar a razón á Agrupación de Electores de Redondela, (AER), na denuncia presentada por dita agrupación sobre as obras que se estaban a realizar na senda do río Maceiras. En dita denuncia, AER solicitaba da administración de augas, a pralización das obras ata o mes de xullo, así como a retirada da escollera e dos muros "que non estaban contemplados no proxecto autorizado".

AER pide a Augas de Galicia a paralización das obras da senda do Maceiras

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) vén de pedir a Augas de Galicia, a paralización das obras que se realizan na Senda do Maceiras ao incumprir unha das condicións da autorización na que sinalaba que "os traballos non se poderán executar entre abril e xuño, ambos incluídos, durante o período de reprodución e cría da fauna da foresta”. AER tamén solicitou dita paralización ao Concello de Redondela vía Rexistro "que aínda non doi contestada formalmente polo Concello", asegura a formación independente.

O edificio de Servizos Sociais de Redondela deberá cumprir as normas de accesibilidade

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) vén de ter acceso a diversa documentación onde a «Oficina de Atención a la Discapacidad» (OADIS), dependende do «Consejo Nacional de la Discapacidad», informa ao Concello de Redondela de que “os edificios municipais de titularidade pública destinados a un uso público, como é un edificio no que se prestan servizos sociais, deben cumprir as condicións técnicas de accesibilidade nos prazos indicados” .

AER denuncia a adxudicación de axudas culturais encubertas “a empresas privadas”

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, vén de denunciar o outorgamento “de axudas culturais encubertas”, de case que 7.000 euros, a empresas privadas mentres que, por outra banda, as asociacións, centros culturais e entidades socioculturais sen ánimo de lucro de Redondela “teñen que optar a axudas para a organización de festivais en concorrencia competitiva e cun máximo de 3.000 € por proxecto”.

AER critica “o deixamento” do Goberno coa nova web municipal

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, vén de criticar o que cualifica de “deixamento” do Goberno local redondelán coa nova web municipal, contratada en decembro do ano pasado como “Servizo de desenvolvemento técnico dun Portal Web Corporativo con Intranet de xestión e administración de contidos” cun prazo de execución dun mes e un investimento de 7.737,95 €.

AER advierte ao Goberno redondelán que "rematou o tempo de gobernar unilateralmente"

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) acusou ao Goberno de Redondela, ao igual que o fixeran no seu momento os demáis grupos da oposición, de ignorar o ofrecemento que fixeran o propio AER, o PSOE e o BNG, para "aprobar unha modificación de crédito que dorata suficientemente os gastos da Conmemoración da Batalla de Rande, evento organizado polo Concello pero para o que non reservou os fondos precisos", afirman os independentes.

AER urxe a renovación do regulamento dos Consellos Parroquiais en Redondela

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) urxe a renovación do regulamento dos Consellos Parroquiais e ven de criticar duramente a actitude do Goberno local do PP, por non telo renovado ainda tal e como comprometera Ballesteros no pleno desenvolvido o 27 de xullo. AER estima que o goberno municipal ten ralentizado intencionadamente a renovación do regulamento para perpetuar o elaborado polo anterior bipartito, que consideran “moi mellorable. 

AER critica o atraso na realización dos cursos de alfabetización

A Agrupación de Electores de Redondela vén de denunciar "atrasos importantes nos cursos de alfabetización e da ESA (Educación Secundaria de Adultos), que xa terían que ter comezado o día 1 de setembro" feito que AER achaca "á falta de planificación do Goberno local". Para os independentes redondeláns, o feito de "non actuar de xeito planificado e con tempo" leva a atrasos na prestación de servizos ofertados polo Concello de Redondela.

Suscribirse a este canal RSS