Digna Rivas: "As promesas incumplidas do PP son unha falta de respecto á veciñanza"

A candidata á alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas e o deputado socialista no Parlamento de Galicia, Abel Losada, analizaron na tarde de hoxe, polo miúdo, os investimentos que os Orzamentos da Xunta de Galicia contemplan para Redondela e que son, segundo Losada, "claramente negativos no cuantitativo e cualitativamente son unha ferramenta electoral clara ao servizo do Partido Popular".

Losada e Tourón esíxenlle á Xunta "que deixe de facer en Salceda parches electoralistas"

O deputado no Parlamento Galego Abel Losada achegouse esta semana a Salceda para visitar os lugares que foron obxecto de emendas socialistas aos orzamentos da Xunta de Galicia. O deputado, acompañado pola portavoz socialista de Salceda, Verónica Tourón, a tamén concelleira Gela Ledo e membros da agrupación socialista, visitou o CEP Altamira e os colectores que albergan dende o inicio do curso o comedor escolar.

O PSOE leva ao Parlamento a petición dunha segunda fase para o CEP Altamira

O deputado socialista Abel Losada, achegouse onte xoves a Salceda de Caselas para, acompañado pola portavoz socialista, Verónica Tourón e a concelleira Gela Ledo, coñecer de primeira man a situación educativa no municipio logodo anuncio feito pola Xunta de Galicia da ampliación do CEP Altamira. Tourón e Leda consideraron a ampliación "insuficente" so contempla catro novas aulas "cando serían necesarias entre 8 e 10" para arranxar a falta de espazo.

Abel Losada visita Salceda para coñecer, de preto, a problemática da PO-511

O deputado socialista no Parlamento Galego, Abel Losada, acompañado pola portavoz do PSOE en Salceda, Verónica Tourón e membros da agrupación local, visitou onte a estrada PO-511, logo de que PSOE local conseguise sacar, no último Pleno, unha moción para instar a Xunta de Galicia a que instale puntos de luz neste vial. A escasa iluminación, sinalaba Tourón no seu momento, "provoca problemas de visibilidade para os condutores e tamén para os veciños e veciñas que camiñan con inseguridade a diario polas vías de servizo paralelas a esta estrada".

Emendas socialistas aos orzamentos da Xunta en defensa do centro de saúde de Salceda

Os parlamentarios do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego e Abel Losada, acompañados pola portavoz do grupo municipal socialista en Salceda de Caselas, Verónica Tourón, mantiveron unha reunión en con militantes e simpatizantes da localidade para explicarlles, polo miúdo, as emendas realizadas polo grupo socialista aos orzamentos da Xunta en relación con Salceda de Caselas.

Suscribirse a este canal RSS