A gastronomía súmase aos atractivos do Entroido da Guarda

A Guarda da a benvida ao Entroido 2019 cunha ampla programación de actividades para todas as idades nas que se inclúen o tradicional desfile infantil do venres e o desfile-concurso do martes de entroido, oferta gastronómica especial en establecementos de hostalaría da vila, así coma actuacións musicais, que nesta edición correrán a cargo de «Monk Blues Band», «DJ Guille», «Orquestra D´Moda» e «CÉ Orquestra Pantasma»

  • Publicado en A Guarda

DepoApicultura, a aposta da Deputación pola apicultura sostible como fonte de emprego rural

A Deputación de Pontevedra ven de lanzar a actividade «DepoApicultura», co obxectivo de capacitar as persoas interesadas na posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas e fomentando novas vías de xestión e comercialización mediante o emprego de novas tecnoloxías. En total impartiranse 12 accións formativas presenciais e mixtas en zonas rurais da Rede Natura, polo que A Guarda entra dentro deste ámbito xeográfico.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda segue apostando pola posta en valor do seu patrimonio histórico e monumental

A Guarda ven de instalar 15 paneis informativos con fotografías e informacións de interese sobre monumentos e fitos históricos da vila grazas a unha subvención con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, unha actuación que supón unha nova aposta polo traballo que o Concello desenvolve de cara a poñer en valor todo o seu potencial histórico e monumental.

  • Publicado en A Guarda

Este sábado arranca na Guarda o Ciclo de Música Coral

O vindeiro sábado día 16 de febreiro arranca no Centro Cultural da Guarda o Ciclo de Música Coral, contando nesta ocasión coa participación do Coro Diapasón de Ferrol, o Coro Arpegios e o Coro Cantábile, ámbolos dous da Guarda. A cita será ás 20:30h no Salón de Actos do Centro Cultural con entrada de balde.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda pecha importantes contactos na FairWay 2019

O Concello da Guarda participou ao longo das xornadas do luns e martes no maior foro sobre os Camiños de Santiago, a FairWay celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Despois da visita Famtrip ao Castro de Santa Trega do pasado xoves día 7 de febreiro, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes e a Técnico de Turismo, Rosalía Verde, participaron en numerosas reunións con representantes de empresas e institucións de cara a promover iniciativas sobre o Camiño Portugués da Costa.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda presente no XX Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Ourense

O Concello da Guarda estivo representado, a pasada semana, na 20º edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense, evento que contou coa participación de 283 expositores e a presenza de 12 países. Ao longo de 5 días esta feira recibiu máis de 24.000 visitas, contando con numerosos showcookings, demostración de produtos, conferencias, catas de viños e moitas actividades de promoción turística e gastronómica.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda publica as bases para o Desfile-Concurso de Comparsas do Entroido 2019

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura,  vén de facer públicas as bases que rexerán o Desfile-Concurso de Entroido 2019, unha iniciativa que busca manter viva a tradición local a través da participación de tódolos veciños e asociacións da localidade. As bases contemplan ata cinco categorías –Carrozas, Comparsas, Grupos, Individual-Parellas adulto e infantil)– na modalidade de concurso cunha ampla variedade de premios, e unha modalidade de axudas para as Carrozas e Comparsas.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS