Máis de 1.600 persoas de 22 concellos participaron nas charlas «Tempo de Saúde»

O ciclo «Tempo de saúde», organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración co Colexio Oficial de Médicos e Médicas de Pontevedra, chegou a máis de 1.600 persoas nun total de 22 concellos da provincia. “Cifras que avalan o noso compromiso cos veciños e coas veciñas de Pontevedra e que ratifican que para este Goberno provincial o prioritario sempre son as persoas”, explicou a deputada provincial de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, que fixo hoxe balance desta iniciativa.

O PSdeG presentará nos concellos pontevedreses mocións reclamando o fin dos recortes sanitarios

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG de Pontevedra presentou este mércores unha moción que insta ao Goberno de Feijóo a que remate cos recortes sanitarios na provincia de Pontevedra que están a provocar graves déficits nos servizos de atención primaria e hospitalaria na provincia. Esta moción, que xa foi presentada e aprobada no Pleno da Deputación, trasladarase agora aos Concellos da provincia para que se debata e aprobe.

Carmela Silva asina con dez novos Concellos convenios para executar proxectos DepoRemse

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta mañá, no Pazo Provincial, con dez alcaldesas e alcaldes da provincia os convenios de colaboración para a execución e financiación dos proxectos beneficiarios do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse). Deste xeito, xunto aos convenios xa asinados con outros 21 municipios, son 31 os proxectos beneficiarios deste Plan, que conta cun investimento de 11 millóns de euros.

A Deputación convoca un posto directivo para cubrir a dirección do Museo

A convocatoria, na que está traballando o departamento de Recursos Humanos da Deputación e que se prevé publicar no BOPPO de xeito inminente, estará dirixida a persoas que teñan a condición de funcionarias de carreira ou laborais fixas das Administracións Públicas do grupo A1, que estean en posesión do título de Historia da Arte, Belas Artes, ou calquera outra disciplina análoga relacionada coas humanidades e ter unha experiencia profesional acreditada.

Máis de 100 empresas catalás participarán na workshop de Turismo Rías Baixas en Barcelona

O vindeiro martes, 27 de novembro, as Rías Baixas desembarcarán en Barcelona para a realización do primeiro workshop do destino na capital catalá. A través desta novidosa iniciativa, a Deputación de Pontevedra, en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia, dará cita nunha mesma xornada no Hotel Gran Marina de Barcelona a preto dunha trintena de empresas da provincia que espertaron o interese de máis de cen empresas de Cataluña.

A Deputación destina máis de medio millón a catro municipios dentro do Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de catro municipios da provincia no marco da liña 1 do vixente Plan Concellos. Trátase dun total de catro partidas por un total de 515.487,84 euros coas que Dozón, Redondela e Sanxenxo pechan o Plan Concellos 2018 e Arbo, que xa o completou, recibe o primeiro investimento con cargo ao Plan de 2019.

O salcedense David Amor, padriño da Gran Recollida Solidaria do Banco de Alimentos

O actor, humorista e deportista de Salceda de Caselas, David Amor, converteuse no novo padriño da Fundación Provincial Banco de Alimentos para a Gran Recollida Solidaria (GRS2018), que se celebrará os próximos 30 de novembro e 1 de decembro. Durante un acto celebrado no almacén situado en Lavadores, Amor recibiu de mans do presidente da ONG, Pedro Pereira, o peto de voluntario.

Suscribirse a este canal RSS