Alén da Raia

Alén da Raia (49)

A «Visita nocturna polas memorias da fronteira», aprazada ata o 1 de xuño

O mal tempo desta fin de semana vén de facer que a actividade «Visita nocturna polas memorias da fronteira» de Valença do Minho, sexa aprazada ata o día 1 de xuño. Trátase dunha interesante actividade na que os e as participantes poderán coñecer as historias das trapicheiras e contrabandistas; as memorias do café e os caramelos; que é unha «mandrana» ou unha «apalpadeira». Son, en resumo, as historias e memorias que máis marcaron o último século con saída, ás 21:30 horas, dende a glorieta da Trapicheira.

Exposición sobre «O Tritão Palmado» no Aquamuseu de Vila Nova de Cerveira

Baixo o título «O Tritão Palmado» o Aquamuseu do Miño acolle, ata o día 31 de maio, unha interesante mostra sobre a historia dun anfibio que, din os organizadores "cada día é máis raron en Portugal". Con esta mostra, o Aquamuseu cumpre cos seus principios fundadionais que son a promoción e divulgación do patrimonio natural da conca hidrográfica do río Miño.

O Aquamuseo do Río Míño coloca unha aboia para rexistar os parámetros da auga

O Aquamuseu do Río Míño de Vila Nova de Cerveira vén de instalar unha aboia no canle do río, preto da illa dos Amores, de cara a estudar e registar os parámetros físico-químicos da água. A instalación da aboia está integrada no proxecto Migra Miño-Minho e foi adquirida polos socios do proxecto. En breve se poderán recibir datos, en tempo real, dunha sección do Miño sobre a que hai moi pouca información destas características.

Curso de Arquitectura de Interiores na Escola Gallaecia de Vila Nova de Cerveira

A «Escola Superior Gallaecia» de Vila Nova de Cerveira, vén de organizar para os dous primeiros sábados do mes de marzo, un Curso de Arquitectura de Interiores, dirixido a todos estudantes e interesados na área de Decoración e Interiores, como poden ser arquitectos, deseñadores, enxeñeiros, artístas plásticos ou profesionais na área do turismo.

Valença anuncia "medidas fiscais excepcionais" para asentar poboación e empresas

A Câmara Municipal de Valença de Minho vén de anunciar, para este vindeiro 2018, "medidas fiscais excepcionais", de cara a reforzar o asentamento de poboación e incentivar o desenvolvemento industrial do municipio. Así o paquete de medidas que poñerá en marcha o municipio fronteirizo incentivarán o asentamento de industrias, as iniciativas turísticas, a recuperación de inmobles no centro histórico e o reforzo da oferta do parque habitacional.

Valença ofrece nove motivos para visitar a vila fronteiriza neste Nadal

Valença vén de presentar o que o municipio cualifica de "programa máxico" para este nadal que estará cheo de actividades para pequenos e non tan pequenos e que se desenvolverá entre os días 1 de decmebro e 7 de xaneiro do 2018. Valença transformarase na «Cidade Natal», marcada polas cores, sons e sabores típicos destas festas durante 38 dias.

Etiquetado como

Arcos de Valdevez e Melgaço tratan 25 hectáreas de matogueira ao abeiro do TrEX

Catro brigadas elixidas pola organización do programa «Alto Miño TrEX», iniciaron o traballo de campo nos 10 concellos do distrito de Viana do Castelo tratando cerca de 25 hectáreas de áreas de pasto pola acción de fogo controlado e coa implicación de dúas comunidades de pastores.

Hoquei de alto nivel esta fin de semana no «Torneo de Eurocidade» en Valença

Este venres, 22 de setembro, e sábado, 23 de setembro, dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade, o Valença Hoquei Club, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, organizará o IV Torneo Eurocidade de Hoquei. No mesmo van participar equipos de primeiro nivel, como o Sporting CP, o Club Liceo, o AD Valongo, así como o propio Valença H.C., que esta tempada competirá na primeira división nacional portuguesa.

O Concello de Cerveira mantén as axudas escolares para o curso 2017/2018

Co inicio dun ano lectivo ás portas, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira anunciou hoxe a súa intención de "apostar forte pola educación" e os apoios financeiros superarán "unha vez máis ao que son as obrigas legais dos municipios", sen contar cos investimentos que están a desenvolver nos centros escolares do termo municipal.

Suscribirse a este canal RSS