Curso de Arquitectura de Interiores na Escola Gallaecia de Vila Nova de Cerveira

A «Escola Superior Gallaecia» de Vila Nova de Cerveira, vén de organizar para os dous primeiros sábados do mes de marzo, un Curso de Arquitectura de Interiores, dirixido a todos estudantes e interesados na área de Decoración e Interiores, como poden ser arquitectos, deseñadores, enxeñeiros, artístas plásticos ou profesionais na área do turismo.

O Curso de Arquitetura de Interiores introduce aos asistentes nas prácticas de proxecto de interiorea, agregando calidade estética e implementando estratexias dirixidas á funcionalidade, confort e sustentabilidade.

As remodelacións de edificios dan un novo tratamento aos interiores dun espazo, independentemente do seu uso, sexa residencial ou corporativo, ofrecendo un novo aspecto para o usuario. A importancia que adquire o turismo, especialmente significativo no caso de Portugal, fai que un coñecemento nesta área poida ser un elemento diferencial en establecementos destinados ao aloxamento local ou turismo rural.

Toda a información sobre este interesante curso, pode consultarse nesta ligazón.

Modificado por última vez en%PM, %12 %784 %2018 %18:%Feb