Redondela

Sen sorpresas en Redondela: Javier Bas, investido alcalde

Javier Bas foi investido hoxe alcalde de Redondela nun pleno no que in se esperaba sorpresas, nin as houbo. Bas afronta, deste xeito, o seu segundo mandato consecutivo e, ao igual que o fixo na anterior lexislatura, en minoría, o que lle obriga a acadar pactos cos grupos da oposición para sacar adiante os temas que teñan que ir a Pleno da Corporación Municipal.

Presentación en Redondela do libro “Cartas de un condenado a muerte”

O multiúsos da Xunqueira acollerá o xoves 11 de xuño, ás 21.00 h, a presentación do libro “Cartas de un condenado a muerte” (Alvarellos Editora), de José Mejuto Bernárdez. A recompilación destas cartas convértese nun testemuño único e conmovedor da guerra civil española e dos últimos días en prisión, en 1936 e 1937, do republicano galego José Mejuto Bernárdez (1905-1937), nos cárceres de Vigo, San Simón e Pontevedra.

“Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia” no multiúsos da Xunqueira

Redondela será a segunda parada da exposición sobre Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado nas Letras Galegas 2015, organizada pola Deputación de Pontevedra, a través do Museo, e a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A inauguración celebrarase o 11 de xuño ás 20.00 horas no multiúsos da Xunqueira, e asistirán a deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o concelleiro de cultura en funcións de Redondela, Julio Alonso.

A "Ruta das Pedras", pecha o programa de andainas de Redondela

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela, en colaboración coa Concellaría de Cultura, continúa o desenvolvemento do programa de rutas de sendeirismo por Redondela. Este vindeiro domingo 14 de xuño, a "Ruta das Pedras" será a que peche este programa de camiñadas que se desenvolveu dende o mes de abril a razón dunha camiñada por mes.

AER pon unha pataca quente no tellado do PSOE

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) vén de facer público un comunicado no que aclara a súa postura diante da sesión de investidura do vindeiro día 13 de xuño e, de paso, coloca unha pataca quente no tellado do PSOE ao sinalar que se votarán si mesmos.

O parque de Chapela, pechado e sen obras

Veciños e veciñas de Chapela amosaron o seu malestar polo feito de que durante a campaña electoral o parque infantil fora pechado para a realización de obras de mellora e, agora, siga pechado pero sen que se leve a cabo ningún tipo de traballo no mesmo. As nais e pais, aseguran, non poden levar aos seus nenos a gozar dese lugar de lecer nestes días de bo tempo.

Suscribirse a este canal RSS