Redondela

O BNG acusa ao Goberno de Redondela de "torpedear" a demanda do terceiro xulgado

O portavoz do BNG no Concello de Redondela, Xoán Carlos González, acusou ao goberno de Javier Bas de “torpedear” a demanda dun terceiro xulgado para Redondela. A abstención dos populares na moción presentada polo BNG e respaldada por PSOE, ARE e a concelleira Non Adscrita, pretendía desvincular ao Goberno galego da responsabilidade de crear un terceiro xulgado, aseguran os nacionalistas.

Redondela paga anticipadamente, por primeira vez, as axudas para o servizo de comedor

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que dirixe Carmen Amoedo, vén de pagar ás ANPAS, de xeito anticipado, as axudas para financiar os servizos de comedor para o curso 2015-2016. Amais, nos orzamentos aprobados para o 2016, increméntase a partida neste concepto nun 36%, xa que o Goberno “ten un claro compromiso coa conciliación e coa axuda ás familias con menos recursos do noso municipio”, asegurou Carmen Amoedo.

Redondela impartiu máis de 800 horas de formación a desempregados

O V plan de emprego do Concello de Redondela, impartiru este ano máis de 800 horas de formación en cursos de Informatica Básica, Informática Avanzada, Busqueda activa de Emprego, Manipulador de Alimentos, Carretilleiro, Prevención de Riscos Laborais, Mozo de Almacén, Atención o Cliente, Ciclo de construcción e demolición , e tamén cursos preparatorios para acceso a probas libres obtención ESA, e preparatorio acceso a ciclo superior.

O PSOE de Redondela denuncia a falta de cursos xestionados polo Concello

O PSdeG-Redondela, a través da súa concelleira Anabel Rey, vén de denunciar a falta de cursos organizados dende a administración local. Na actualidade, segundo salientan os socialistas redondeláns, no Multiusos de Redondela só se imparten dous cursos do Concello e o Multiusos de Chapela carece de bedel. Para o Grupo Municipal socialista "as actividades motivadas dende a administración pública local supuxeron unha grande ferramenta dinamizadora da nosa vila ao longo do tempo".

Os socialistas redondeláns denuncian a falta de mantemento no Monte da Peneda

O Grupo municipal socialista do Concello de Redondela, levará ao Pleno de mañá xoves, unha moción para paliar o deterioro que está a sufrir o Monte da Peneda polo que o PSOE considera "falta de mantemento". O Monte da Peneda, lembran os socialistas de Redondela, situado na Parroquia do Viso "é un dos elementos naturais construtivos de maior valor da nosa vila".

Redondela organiza un obradoiro de monicreques de luva

A Concellaría de Cultura do Concello de Redondela vén de abrir o prazo para inscribirse nun obradoiro de monicreques de luva que será impartido por Tanxarina Títeres e desenvolverase os venres 5, 12, 19 e 26 de febreiro, e 4 de marzo, na Casa da Cultura de Redondela, en horario de 20:30 a 22:30 h.

Suscribirse a este canal RSS