Redondela

Redondela, Nigrán, Gondomar, Baiona e Salceda súmanse á Plataforma «Non a Porto Cabral»

O movemento en contra da instalación en Vigo do macrocentro comercial «Porto Cabral» crece cada semana. A plataforma creada a inicios de novembro, representando ao comercio de 5 concellos (Vigo, Cangas, Moaña, Bueu e O Porriño), sumou nos últimos días as adhesións dos Comerciantes e Empresarios de Redondela (AER), Salceda de Caselas, Nigrán, Baiona e Gondomar, estes tres últimos unidos na asociación OVALMI.

  • 0

Redondela traslada á Xunta a necesidade de eliminación da peaxe de Rande

O Concello de Redondela e os afectados pola AP9 veñen de trasladar á Xunta de Galicia a necesidade de eliminar a peaxe de Rande ao considerala “un agravio inxusto que prexudica a competitividade de Chapela e do conxunto da comarca de Redondela”, petición formulada nunha xuntanza que mantiveron onte á tarde, en Santiago, coa conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez.

  • 0

Redondela recepciona un local para Servizos Sociais na urbanización da antiga Fábrica de Regojo

O alcalde de Redondela, Javier Bas, asinou esta semana a recepción dun local na urbanización da antiga Fábrica de Regojo, cedido ao Concello de xeito totalmente gratuito, que acollerá as novas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade. O local, de 353 metros cadrados, conta cun proxecto deseñado polo arquitecto municipal e que cumpre coas necesidades amosadas polo propio servizo ao que vai destinado.

  • 0

Acto público sobre os «ventres de alugueiro» na Casa da Cultura de Redondela

A Casa da Cultura de Redondela acolle, mañá venres, 24 de novembro, un acto público sobre os ventres de alugueiro organizado polo BNG redondelán.

Neste acto, falarase desta práctica, tamén chamada eufemísticamente «xestación subrogada» que ao entender da organización nacionalista, “busca a utilización das mulleres con menos recursos para ser empregadas como incubadoras e xestar bebés para parellas con mais capacidade adquisitiva, que por diversos motivos, non poden ou non queren pasar por un embarazo, pero si queren ter descendencia biolóxica”.
O BNG considera, que esta práctica, é un claro exemplo da “mercantilización dos corpos das mulleres”.

Para os nacionalistas, o desexo da descendencia biolóxica, en ningún caso, “pódese levar a cabo a costa de menoscabar os dereitos das mulleres máis vulnerables”. Unha práctica na que, os nacionalistas, tanto as mulleres como as crianzas, “son tratadas como mera mercadoría, mesmo na chamada «xestación subrogada altruísta» agóchanse intereses lucrativos de clínicas de fertilidade e bufetes de avogados que actúan como intermediarios, nun negocio que move millóns de euros en todo o mundo”.

De todo isto falarán Jessica Garcia, responsábel Comarcal de Galiza Nova e Ana Bringas, Coordinadora do Grupo de Traballo de Acción Feminista do BNG.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS