Redondela

AER demanda melloras complementarias na Senda do Maceiras

O pasado sábado 2 de xaneiro, a Agrupación de Electores de Redondela, visitou as obras que se desenvolven na senda do Maceiras, unha vez que a veciñanza informou que os traballos atopábanse en estado de execución avanzado. AER presentara no Pleno de setembro un rogo para que se convidase a AER e as demáis forzas políticas ao reformulamento e seguimento da obra, a fin "de coñecer as actuacións concretas con tempo suficiente e así poder avaliar o seu impacto e idoneidade, así como ofrecer as alternativas viables oportunas".

Novena edición do Lareta, Festival de Monólogos de Redondela

Este é xa o cuarto ano no que o Servizo de Normalización Lingüística, adscrito á Concellaría de Cultura do Concello de Redondela, organiza o festival de monólogos LARETA. Son pois, catro anos nos que intérpretes de diferentes estilos e orixe artística ofrecerán un espectáculo onde a palabra é a protagonista. O obxectivo deste festival de monólogos e contadas é precisamente ese: laretar, falar sen control e sen medida, dicir o que se queira dándolle o protagonismo absoluto á palabra en lingua galega.

Digna Rivas clausura os cursos da Deputación de Trasmañó e O Viso

A deputada provincial de Cohesión Social, Digna Rivas, clausuró os cursos que se desenvolveron nas parroquias redondelás de San Vicente de Trasmañó ─canto e pandeireta─ e O Viso ─pilates─, encadrados nos programas da Deputación Provincial 'Ti tamén contas' e 'Pena en ti'. Unha vez rematados os cursos deste ano 2015, Rivas asegurou que "en breve" sairán as bases para os que se desenvolvan no 2016, que terán cambios "para adaptalos ás necesidades reais da sociedade actual".

Redondela presenta hoxe as achegas veciñais ao proxecto 'Redondela 2020'

O Concello de Redondela presenta hoxe, ás 20:00 h no Auditorío Multiusos da Xunquiera, o resultado do proceso de participación cidadá articulado a través da web http://redondela2020.es/, do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e da páxina de twitter @Redondela2020. Este proceso tivo como obxectivo priorizar e definir as liñas de actuación que comporán a estratexia de desenvolvemento urbano Redondela 2020.

O Pavillón Novo da Marisma de Redondela, pasa as primeiras probas

A pasada semana diferentes equipos de Redondela 'testaban' a operatividade do Pavillón Novo da Marisma, facendo uso de todas aquelas instalacións necesarias para o correcto desenvolvemento dunha actividade deportiva. Nos vindeiros días, ata a súa inauguración, se incrementarán o número de eventos e adestramentos de cara a ver como responden as novas instalacións a un uso intensivo.

Suscribirse a este canal RSS