Redondela

O PSdeG Redondela denuncia o mal estado do Camiño do Outeiro

Os veciñas e veciños do Camiño do Outeiro (Cabanas) expresaron o seu malestar polo mal estado en que se atopa o vial e aseguraron que seguen á espera da contestación dun escrito que presentaron en 2012 no Concello de Redondela no que denunciaban o mal estado do firme que xunto co musgo e a maleza acumulado, fan do camiño un lugar perigoso polo chan escorregadizo.

  • 0

O Concello opónse a que Audasa realice obras na contorna do colexio de Igrexa

Concelleiros do goberno municipal de Redondela reuníronse cos afectados polas obras da AP-9 en Chapela para amosarlles o seu apoio e manifestar a negativa do Concello á realización das obras que Audasa pretende facer na contorna do colexio de Igrexa. Á reunión, convocada polo goberno municipal, asistiron representantes de Audasa, Anpa do colexio e a Plataforma de Afectados. Carmen Amoedo, Arturo González e Teresa París foron os represetantes do Concello.

  • 0

Na fin de semana Redondela vístese de música

O jazz máis tradicional de Nova Orleáns e a música con fondas raíces cubanas, serán as protagonistas da fin de semana de Redondela coas actuacións de Swamp Donkeys Jazz Band o venres, e Diana Tarín con Alberto Vilas Quartet o sábado. Ámbalas dúas actuacións terán lugar na praza da Casa da Torre ás 22:00 horas con entrada libre e gratuíta.

  • 0

Redondela imparte un obradoiro de emprego de agricultura ecolóxica e albanelería e cantería

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada pola alcaldesa en funcións de Redondela, Carmen Amoedo, deulle a benvida aos participantes esta mañá no inicio do Obradoiro de Emprego no Pazo Pousadouro. Xunta e Concello fan posible este programa mixto de formación e emprego cun orzamento de case 230.000 euros sendo a achega autonómica dun 77,3%.

  • 0

Redondela impartirá cursiños de informática gratuítos a partir de setembro

O próximo día 7 de Setembro a Concellalía de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela continuará cos cursos de informática gratuítos dirixidos a todos os veciños e veciñas. Amais do curso de informática básica, tamén se desenvolverán outras iniciativas formativas de interese como a xestión de redes sociais ou a creación de blogs persoais.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS