Redondela

A Historia de Redondela a través dos Maios

A Concellaría de Cultura organiza a presentación do libro “60 anos de crónicas redondelás” (unha ollada dende as coplas dos Maios), do redondelán Xesús Olimpio Giráldez Lera. A publicación, editada pola Concellaría de Cultura, é unha viaxe a través do tempo que nos permite coñecer a historia de Redondela da man das coplas dos maios.

  • 0

Redondela entra no mundo do libro electrónico

O secretario xeral de Cultura, anxo Lorenzo, e o alcalde de Redondela, Javier Bás, acomañados polo concelleiro de Cultura do Concello redondelán, Julio Alonso, presentaron en Redondela esta nova ferramenta, dispoñible en www.galiciale.es, que supón “un camiño novo na accesibilidade universal da cidadanía aos recursos culturais”.

  • 0

De sendeirismo por Redondela

A Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración coa Concellaría de Cultura, organiza un programa de rutas de sendeirismo por Redondela. A actividade, desenvolvida por Faia Educación Ambiental, realizarase nos meses de abril a xuño, cunha saída mensual na que se percorrerán diferentes puntos do concello con especial interese medio ambiental, paisaxístico e cultural.

  • 0

Un PSOE renovado para Redondela

O PsdeGPSOE de Redondela confeccionou para as vindeiras eleccións municipais do 25 de maio unha lista electoral completamente renovada e cunha importante presenza de membros procedentes das Xuventudes Socialistas de Redondela. Deste xeito, a idade media das 21 persoas redúcese ós 36 anos e ata nove integrantes da lista teñen trinta anos ou menos.

  • 0

Dous feridos graves en un accidente de tráfico en Chapela

Dous mozos resultaron feridos graves nun accidente de tráfico que tivo lugar onte en Chapela, ao redor das once menos cuarto da noite, logo de chocar frontalmente dous vehiculos, un Peugeot 206 e un Mercedes, por causas que aínda están sendo investigadas pola Garda Civil de Tráfico.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS