I Forum Transfronterizo

Redondela

Redondela distribúe a Guía de Linguaxe Inclusiva entre todos os departamentos municipais

O Concello de Redondela, dentro da programación de actividades a desenvolver en torno ó día 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller e como arranque de todas elas, vén de facer chegar a todos os departamentos municipais, a través do CIM, a Guía Rápida de Linguaxe Inclusiva. A intención da concellería que dirixe Teresa París, é que esta guía sexa unha ferramenta de consulta e de uso fácil e continuo para a elaboración dos documentos e que estes deixen de conter linguaxe non inclusiva.

  • 0

A Ponte Julián de Redondela contará cunha pasarela peonil

A Xunta atenderá a solicitude do Concello de Redondela de construír unha pasarela peonil adosada á Ponte Julián na súa marxe dereita, como actuación complementaria ás obras de ampliación executadas este mesmo ano nesa infraestrutura. Esa petición foi trasladada polo alcalde da localidade, Javier Bas, á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na xuntanza que ambos os dous mantiveron esta mañá para abordar asuntos de interese municipal.

  • 0

A aula móbil do Programa de Garantía Xuvenil, en Redondela, Tui e O Porriño

A aula móbil do programa de Garantía Xuvenil quedará instalada, este mércores 11 de novembro, ao carón do Concello de Redondela. As sesións programadas para Tui e O Porriño terán tamén lugar o mércores pero nas respectivas aulas CeMIT destas vilas. O programa, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, busca que os mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas nun prazo de catro meses tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

  • 0

Redondela organiza dous obradoiros dirixidos a mulleres

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Teresa París, vén de organizar dous obradoiros dirixidos específicamente a mulleres e incluídos nas activiades que, dende o Concello redondelán, se están a desenvolver co gallo da celebración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebra o vindeiro 25 de novembro.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS