I Forum Transfronterizo

Redondela

O BNG redondelán asegura que “a negociación do remanente paraliza actuacións relevantes nas parroquias”

O portavoz do BNG no Concello de Redoncela, Xoán Carlos González, fixo hoxe referencia á negociación para o investimento de 1,6 millóns de euros do remante do ano 2017 para sinalar que o Goberno local "sacou adiante propostas que non respostan ás verdadeiras necesidades en moitas parroquias". Segundo o concelleiro nacionalista, a partida que se levou a debate, “debería permitir a realización de inversións e infraestructuras de calado”.

  • 0

O museo Meirande pon novamente en marcha as visitas teatralizadas

O museo Meirande, aula de interpretación da Batalla de Rande e antiga fábrica do Alemán, ofrece, como parte do seu traballo de difusión da cultura museística ao redor da famosa batalla naval, novas visitas teatralizadas. Neste nova etapa, as visitas están programadas para este vindeiro domingo, 27 de maio e para o domingo día 17 de xuño.

  • 0

AER pide a Augas de Galicia a paralización das obras da senda do Maceiras

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) vén de pedir a Augas de Galicia, a paralización das obras que se realizan na Senda do Maceiras ao incumprir unha das condicións da autorización na que sinalaba que "os traballos non se poderán executar entre abril e xuño, ambos incluídos, durante o período de reprodución e cría da fauna da foresta”. AER tamén solicitou dita paralización ao Concello de Redondela vía Rexistro "que aínda non doi contestada formalmente polo Concello", asegura a formación independente.

  • 0

Redondela vive, con intensidade, a súa XXXII Festa do Choco

Logo da apertura da carpa no serán de onte venres, e das actuacións dos grupos de música e baile de Redondela, Ballet de Deborah, Baile de Cedeira, Caveiro e Vilar, hoxe sábado, Redondela viviu con intensidade a Festa do Choco na súa trixésimo segunda edición que tiña, como novidade, a presentación de «Choquiño» a segunda mascota oficial do Concello de Redondela.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS