Obradoiros de marketing dixital da Asociación de Empresarios de Redondela e ONTHEBUS

Os días 11 e 12 de abril a partir das 20:30 h na sede da Asociación de Empresarios de Redondela, abordaranse diversas temáticas sobre Marketing Dixital e se fará dende unha visión eminentemente práctica, nunha iniciativa posta en marcha pola asociación de Empresaros redondeláns en colaboración coa consultora en innovación, afincada en Redondela, ONTHEBUS. A convocatoria tamén está aberta a calquera outra empresa, particular ou colectivo aínda que só as empresas asociadas teñen unha redución no prezo de inscrición.

Dado o éxito da convocatoria e debido a que o número de prazas é limitado, a organización mantén aberta a inscrición coa posibilidade de realizar una segunda convocatoria ou participar directamente nas seguintes accións previstas que, neste caso, serán especializadas por sectores como: aloxamento, restaurantes, moda, etc que se convocarán ao longo das vindeiras semanas.

Contarase coa participación de Wajari Velásquez, especialista en posicionamento en buscadores e Pablo Árias, especialista en creación e mellora de sitios web.

Todos os asistentes ao workShop disporán de acceso a unha biblioteca con todas as presentacións creadas para as diferentes formacións que estará permanentemente actualizada con información que irán subindo mentores e organizadores de este e dos seguintes WorkShops previstos.

Ao remate da xornada do día 12 celebrase un networking para todos os asistentes.