I Forum Transfronterizo

Redondela concéntrase o luns contra a Violencia de Xénero

Unha vez máis, de xeito incansable, Redondela concentrarase esixindo o fin da lacra social que supón a violencia machista. A concentración terá lugar mañá luns, 12 de marzo, ás 20 horas na Praza do Concello. A iniciativa, que parte da Concellería de Muller e Igualdade que dirixe Teresa París, estaba convocada, inicialmente, para o pasado luns 5 de marzo pero as condicións meteorolóxicas adversas, obrigaron ao seu aprazamento.

Todos os meses, sen excepción, Redondela concéntrase diante da Casa do Concello esixindo o fin da senrazón que supón a violencia machista e buscando a concienciación da cidadanía na procura dunha igualdade real e efectiva. Cada día, tamén é certo, son máis os veciños e veciñas que acuden a ditas concentracións, o mesmo que fai a Corporación municipal que, sen fisuras, amosan a súa unidade no rexeitamento da violencia contra as mulleres.