«Express Arte», o 11 de marzo no Multiúsos da Xunqueira de Redondela

Este domingo día 11 de marzo e dentro da programación de inverno da Concellería de Cultura de Redondela, poñerase en escena a función teatral «Express Arte», da compañía BocAberta. A representación, cofinanciada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e Agadic, dará comezo ás 20 horas no Multiúsos da Xunqueira e as entradas terán un custe de 7 euros a entrada normal e 5 euros a reducida.

BocAberta é unha compañía de recente creación nada en Compostela e cuxo eixo central é facer teatro por e para o público. Formada por Carla Capeáns, Roi Méndez e Beatriz Méndez, fundadores da compañía, crean unha linguaxe teatral propio, próximo e reconocible.

«Express Arte» é, tal e como eles o definen, "o espectáculo total". Clásico, moderno, medieval e contemporáneo. Pero sobre todo e ante todo... un espectáculo. Un percorrido express a través de todas as artes. Un espectáculo no que a Muralla de Lugo e o Acueduto de Burgos (que non de Segovia) conversan sobre as súas vidas ou no que dous vaqueiros do Oeste fan a súa particular versión do filme “o bo, o feo e o malo”.

Estas son só algunnas das escenas que compoñen «Express Arte», unha peza fresca e divertida: unha astracanada creada exclusivamente para gozar.