O Pavillón da Marisma de Redondela acolle o «Xogajudo Benxamín»

De esquerda a dereita, Julio Mougán, concelleiro de Deportes do Concello de Redondela; Javier Bas, alcalde de Redondela; Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia e Mario Muzas presidente da Federación Galega de Judo. De esquerda a dereita, Julio Mougán, concelleiro de Deportes do Concello de Redondela; Javier Bas, alcalde de Redondela; Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia e Mario Muzas presidente da Federación Galega de Judo.

A Casa do Concello de Redondela acolleu na maña de hoxe a presentación do «Xogajudo Benxamín» incluído dentro do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, acto que estivo presidido polo alcalde de Redondela Javier Bas a quen acompañaban o concelleiro de Deportes Julio Mougán o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, e Mario Muzas presidente da Federación Galega de Judo.

A competición, na que participarán 501 deportistas ─153 en categoría feminina e 348 na masculina─ agrupados en clubs das provincias de Pontevedra e Ourense, amais dos de Santiago de Compostela, desenvolverase no Pavillón da Marisma, o sábado 10 de febreiro dende as 10:30 horas.

Para todas as categorías establécese un mesmo sistema de puntuación, sendo as puntuacións de tres puntos por combate gañado e de un punto por combate non gañado. Vencerá en cada liga ou peso o judoka que máis puntos obteña nos combates realizados.

O Xogajudo busca busca iniciar aos nenos e nenas no Judo a través dunha competición adaptada as súas idades amais de fomentar todos os valores que leva aparellados a práctica deportiva. Cómpre salientar que a competición desenvólvese baixo un regulamento que dá prioridade a valores como o compañeirismo e a deportividade por riba do simple resultado deportivo.

O xoves día 8 de marzo e como actividade complementaria a esta competición, os centros escolares de Redondela poderán participar en dúas sesións de aproximación ao judo, concertadas cos profesores de Educación Física, que serán impartidas por profesores da Federación Galega de Judo. A primeira sesión desenvolverase entre as 10 horas e 11 horas, e a segunda sesión entre as 11 horas e 12 horas.