Concello e empresarios piden á Autoridade Portuaria alternativas para eliminar tráfico pesado por Chapela

O presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veifa, recibiu esta mañá, a petición do alcalde de Redondela, Javier Bas, a membros da directiva da Asociación de Empresarios para trasladarlle a problemática que existe no centro de Chapela co paso do tráfico pesado. Javier Bas xa tiña trasladado a López Veiga, en anteriores reunións, a necesidade dunha solución inmediata que elimine este tráfico polo centro de Chapela.

O presidente da Autoridade Portuaria informou aos directivos da Asociación de Ampresarios a fase na que se atopa o Plan Director e o Plan Estratéxico, e confirmou a implicación e a importancia que para a Autoridade Portuaria ten resolver o problema que supón o paso do tráfico pesado do casco urbano de Chapela. O desarrollo do Plan Director, segundo confirmou Enrique López Veiga, xa está adxudicado a unha empresa que se porá a traballar no na resolución deste problema.

A Asociación de empresarios expresou ao presidente a necesidade clara de que este problema "se resolva dunha forma directa e sen demora no tempo".