O luns poñense a venda as entradas para o concerto de «Tangata» en Redondela

O sábado 3 de marzo, ás 20 horas, o auditorio da Xunqueira, en Redondela, acollerá o concerto presentación do novo disco de Tangata «Que 30 años no es nada». As entradas poránse a venda o luns 12 de febreiro, ao prezo de 12 euros, en venda anticipada, 15 euros o prezo na billeteira e 5 euros o prezo reducido para persoas xubiladas e desempregadas. Paralelamente, a Sala de Exposicións acollerá, durante todo o es de marzo, unha exposición sobre a traxectoria dos 30 anos de Tangata.

No seu concerto de Tangata, estará acompañado por Uxía, Laura Quintillán, Noelia Álvarez e os baliaríns Karina More e Jorge Rodríguez. O repertorio de Tangata abrangue máis dun centenar de temas para os que se fixeron arranxos especialmente pensados para eles. As tres décadas, tamén serviron cambiar a propia estrutura do grupo, pequenos cambios, en todo caso, xa que de ser orixinalmente un trío composto por contrabaixo, bandoneón e piano, pasou a cuarteto engadíndo violín.

Será unha ocasión excepcional para gozar, en Redondela, dun grupo que leva tres décadas interpretando tangos.