Redondela xa ten en marcha os traballos en «Leira da Xunqueira»

O alcalde de Redondela, Javier Bas, convesa co delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, en presenza da concelleira de Emprego, Carmen Amoedo O alcalde de Redondela, Javier Bas, convesa co delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, en presenza da concelleira de Emprego, Carmen Amoedo

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, acompañado polo alcalde de Redondela, Javier Bas, visitaron os traballos que os alumnos/as traballadores/as do Obradoiro de Emprego «Redondela Vila Bela» están a executar na «Leira da Xunqueira», unha visita na que estiveron acompañados polo xefe territorial de Economía e Emprego, e a concelleira de emprego Maria del Carmen Amoedo.

O Goberno galego destina a este taller, no que se forman 20 desempregados e desempregadas nas especialidades de cantería e agricultura ecolóxica, xardinería e viveiros, preto de 280.000 euros. Os obradoiros de emprego, a través dos que os participantes reciben formación e un contrato de traballo, ademais dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, presentan varias novidades nesta última convocatoria. A máis destacada polos concellos, profesorado e alumnado é a ampliación da duración dos programas xerais de 6 a 9 meses.

Nos traballos que se están a realizar en redondela, alumnos e alumnas proceden ao axardinamento do terreo onde se situaba a antiga caseta de Fenosa, cun diseño que se garda en secreto e que, segundo sinalaban, "sorprenderá aos veciños e veciñas debido á súa orixinalidade". Ao mesmo tempo, os alumnos/as-traballadores/as procederán ao embelecemento de varias glorietas da vila.

O Goberno local de Redondela segue a apostar polos obradoiros "como unha ferramenta máis para reducir o paro na vila, xunto cos plans de emprego para o que xa se está a seleccionar os participantes deste ano". Nese sentido, a concelleira de Emprego, María del Carmen Amoedo, sinalaba que Redondela pechou o 2017 "coa taxa de paro mais baixa da provincia de Pontevedra entre os municipios de mais de 10.000 habitantes, o que demostra que as nosas polñiticas de emprego están a dar resultados positivos”.