A Biblioteca de Chapela pecha para mellorar o seu servizo a usuarios e usuarias

A Biblioteca de Chapela vén de poñer en coñecemento dos seus usuarios e usuarias, que entre o 10 e 25 de xaneiro, permanecerá pechada para desenvolver traballos de acondicionamento. Os traballos centraranse na ampllación e pintura da sala.

Pese as obras, a biblioteca de Chapela habilitará, neses días, unha sala de lectura na planta superior do Edificio Multiúsos, onde estará dispoñible a prensa diaria e que estará aberta entre as 16:30 horas e as 21 horas. Asimesmo, os usuarios e usuarias poderán devolver os seus préstamos, na conserxería do mesmo edificio Multiúsos no mesmo horario.

Tal e como sinalábamos no seu momento en Comarcas na Rede, as Bibliotecas Municipais de Redondela, contiuan traballando na adaptación ao noso sistema de préstamo, polo que de momento hai limitacións no que aos documentos a emprestar fai referencia. Por todo iso, pídese disculpas lembrando que, os pequenos inconvenientes permitirán mellorar o servizo que se presta a todos os usuarios e usuarias.