Redondela acolle unha exposición sobre Gloria Fuertes, no centenario do seu nacemento

De esquerda a dereita, Telmo Crespo Tojeiro, secretario da «Fundación Filomena Rivero Alonso»; Mª Teresa París Blanco, concelleira de Cultura e Mª Elena Becerra García, directora das bibliotecas de Redondela, no momento da inauguración da mostra bibliográfica De esquerda a dereita, Telmo Crespo Tojeiro, secretario da «Fundación Filomena Rivero Alonso»; Mª Teresa París Blanco, concelleira de Cultura e Mª Elena Becerra García, directora das bibliotecas de Redondela, no momento da inauguración da mostra bibliográfica

Ata o vindeito día 10 de xaneiro, o Multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acolle a exposición bibliográfica sobre Gloria Fuertes, organizada polas Bibliotecas Municipais de Redondela e a «Fundación Filomena Rivero Alonso», impulsada con motivo do centenario do nacemento da poetisa madrileña en 1917.

A mostra recolle unha variada representación de libros da autora e de obras adicadas á mesma, con especial presenza das que se publicaron neste 2017 con motivo da devandita conmemoración. Nórdica Libros, Blackie Books, Susaeta Ediciones e Reservoir Books son algunhas das editoriais representadas en esta mostra bibliográfica.

Esta actividade complementarase cun contacontos para nenos que terá lugar o próximo 22 de decembro na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela.