Redondela, Nigrán, Gondomar, Baiona e Salceda súmanse á Plataforma «Non a Porto Cabral»

Membros da Plataforma polo Comercio Local Non a Porto Cabral, na sede da Asociación de Empresarios de Redondela Membros da Plataforma polo Comercio Local Non a Porto Cabral, na sede da Asociación de Empresarios de Redondela

O movemento en contra da instalación en Vigo do macrocentro comercial «Porto Cabral» crece cada semana. A plataforma creada a inicios de novembro, representando ao comercio de 5 concellos (Vigo, Cangas, Moaña, Bueu e O Porriño), sumou nos últimos días as adhesións dos Comerciantes e Empresarios de Redondela (AER), Salceda de Caselas, Nigrán, Baiona e Gondomar, estes tres últimos unidos na asociación OVALMI.

Segundo os integrantes da Plataforma, o intento de instalar «Porto Cabral» suporía "un golpe mortal a este sector, coa pérdida estimada duns 6.000 empregos", un problema, sinalan, que afectará a Vigo "pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes".

Onte a Plataforma tivo unha reunión na sede dos comerciantes de Redondela, recen sumados a este movemento, onde deron a benvida as novos colectivos o programaron as accións que se van levar a cabo nas vindeiras semanas. Así, anunciaron que a recollida de firmas online do portal change.org, que sigue activa, complementarase co reparto en toda a comarca vigusa de 100.000 dípticos informativos e interactivos, nos que se poderá firmar esta petición dixitalmente mediante un código QR que len os móviles.

En total, este plataforma en defensa do comercio local representa a uns 15.000 comerciantes, ademáis doutras asociacións que tamén amosaron o seu respaldo a esta iniciativa, entre elas, as ecoloxistas e medioambientais, Verdegaia, Amigos da Terra e Asociación Lagares Vivo.

Os comerciantes, a través desta plataforma, queren amosar a súa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas "para evitar a desaparición do 25% do comercio de proximidade que existe na actualidade, a todo o sector e a outros vinculados". Nesa liña de traballo, mantivéronse xa as primeiras reunión con dirixentes da Xunta e de varios representantes municipais.

A Plataforma denuncia "a información interesada e manipulada" que se está a dar a cidadanía sobre «Porto Cabral», e alertan que se este proxecto vai a diante, produciríase a "destrución de miles de empregos" . Amais, o proxecto vai en contra do "modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos", polo que piden ás autoridades "que non apoien ningún tipo de iniciativa que poida dar luz verde a este proxecto" e que "se senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema".

O comercio local en Vigo e a súa área da traballo a unas 30.000 persoas, catro veces máis que o traballo directo que xera a factoría de Citroën. O sector supón un peso no PIB provincial do 5,1%, polo que é un colectivo cun peso específico ao que se debe escoitar.

A posta en marcha de «Porto Cabral», explica a Plataforma, supón a perda de 6.000 empregos no pequeno comercio en Vigo e afectará a uns 20.000 negocios incluindo os concellos do entorno. A plataforma reúne xa o 90% dun sector que defende que o mellor para o comercio local "e impedir a chegada destes megacentros nas aforas da cidade, que desertizarán os nosos barrios e rúas".

Como efecto «secundario» a súa posta en marcha incrementará o uso do vehículo privado e, en consecuencia, as emisións de CO2, creará máis residuos, un consumo altísimo de enerxía, ademais de destruir 600.000 m2 de monte verde. Este proxecto ─remata a Plataforma─ "non encaixa no modelo de cidade e de consumo que defendemos e que promoven as directivas da Unión Europea".