O Multiusos de Chapela acolle a charla coloquio «Irmandiños, verdade e mito»

A Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela vén de organizar, para o vindeiro venres 17 de novembro ás 20:30 horas no Multiúsos de Chapela, unha interesante charla coloquio na que se revisará o histórico e o lendario, o real e o imaxinado, sobre un momento apaixonante do pasado galego: as Revoltas Irmandiñas.

A charla coloquio correrá a cargo dun relator de excepción, o profesor Mario López Vittori, un preclaro experto medievalista, cuxa tese doutoral desenvolvese sobre, precisamente, os Irmandiños. No encontro desvelará os últimos avances sobre estes acontecementos singulares e subliñará os sutís lazos que enlazan pasado e presente.